Folla de ruta

Obxectivos da Asociación Medioambietal Mar de Fábula

Todas as accións xiran arredor do proxecto de dispoñer a curto plazo de duas instalacións situadas, unha na zona de Camelle / Arou e outra na zona de Arteixo, coa fin de proceder nas mesmas ao almacenamento e clasificación dos materiais plásticos retirados da beiramar. Desde estas instalacións cubriríase, nunha primeira fase, o litoral da Costa da Morte, desde o Cabo Fisterra á Coruña.

Os traballos de limpeza na costa serán realizados seguindo un plan de actuación que incluiría os seguintes pasos: inspección visual do lugar, recollida dos plásticos, transporte, almacenaxe e clasificación dos materiais.

Mural Escola Camarinas
nenos-mar-de-fabula-002
0 +

Voluntarios

0 +

Toneladas recollidas

0 +

Food and Drink

Asociación Medioambiental Mar de Fábula

Os refugallos plásticos terán tres destinos claramente diferenciados:

  1. Traballos prácticos de limpeza do mar. A Comunidade científica internacional alértanos qu esta década que comenzou agora é crucial para atallar as causas que provocan o cambio climático, sendo unha das principais as contaminacións que sofren os océanos e que alteran a súas funcíons como reguladores do clima. Por esta razón, dende comezos do vindeiro ano, Mar de Fábula ten previsto ampliar a súa área de traballo ao tempo que aumentaremos a frecuencia das limpezas de lixo mariño.
  2. Colaboración cos centros de ensino. Unha vez que dispoñemos do centro de actividades ambientais en Camelle, é o noso obxectivo recibir aos centros de ensino do concello de Camariñas, da Costa da Morte e de toda Galicia para levar adiante xornadas de actividades de limpeza de praia, minicharlas participativas e obradoiros de creación artística co lixo plástico que temos limpo e preparado debaixo de dúas grandes mesas de traballo. Trasladaremos aos alumnos a nosa experiencia coa mostra física dos principais contaminantes apañados na ribeira, explicando as orixes e mostrando a contaminación procedente do Corredor Marítimo de Fisterra.
  3. Reutilización artística do lixo mariño recollido nas limpezas. En todas as accións de limpeza de praias e coídos, Mar de Fábula aplica o protocolo OSPAR para a clasificación, enumeración e separacións das fraccións de lixo plástico recollido para o seu depósito nos colectores respectivos, seleccionando previamente, para o seu transporte ás nosas instalacións de Camelle daqueles materiais susceptibles de ser reutilizados en creacións artísticas para exposición permanente na nosa sede así como para a súa mostra en salas de exposicións en toda Galicia como unha ferramenta máis de información e sensibilización cidadán.

Investigar sobre a procedencia dos residuos plásticos, ben con orixe nos verquidos de terra ou dos barcos. Estudar en que maneira as correntes mariñas e os ventos predominantes inciden nunha meirande concentración dos refugallos plásticos en determinadas zonas da costa. Seguramente ten unha incidencia considerable e aínda descoñecida na presencia de lixo mariño no noso litoral o feito de discurrir por diante das costas de Galicia unha das rutas marítimas máis conxestionadas do mundo: o Corredor Marítimo de Fisterra. Este corredor, é navegado por máis de 40.000 barcos ao ano, entre eles, un número crecente de grandes cruceiros de turistas, verdadeiras cidades flotantes, de difícil control no cumprimento dos convenios internacionais para a prevención da contaminación dos plásticos na mar (MARPOL V).

Limpar a costa e concienciar ás novas xeracións da necesidade de cuidar o mar.

Só para persoas comprometidas

Se che preocupa o medio ambiente e queres facer algo para que o mar permañeza limpo de plásticos e suciedade faite socio de Mar de Fábula e participa nas nosas limpezas por toda a costa galega