Quen somos Mar de Fábula

Asociación Medioambiental Mar de Fábula

Mar de Fábula iniciou a súa actividade en 2014, é unha asociación sen ánimo de lucro que ten por obxectivo limpar o mar. O traballo que facemos é recoller e retirar todo o lixo mariño que o mar nos devolve e que, nun 90% son residuos plásticos en todas as súas formas, tamaños e composicións. Buscamos atallar o problema na súa orixe un dos principais, é a contaminación mental da sociedade de consumo, e conseguir que cada un/unha de nós asuma a súa cota de responsabilidade na limpeza e conservación do medio mariño.

recollidas-mar-de-fabula-017
xose-manuel-barros_422-1610149_20200822183926

Entidades que colaboran con Mar de Fábula

A Xunta Directiva de Mar de Fábula

A continuación vos presentamos ao actual equipo directivo da Asociación Mar de Fábula. Conformamos un pequeno grupo de persoas comprometidas co medio ambiente que ten como misión a sostebilidade económica de Mar de Fábula así como a consecución de novas adquisicións como o furgón da asociación ou a embarcación para realizar as limpezas nos portos. Si queres formar parte do noso equipo pulsa no seguinte botón e contacta con nos

recollidas-mar-de-fabula-018

Virginia Barros

Vocal

xose-manuel-local-mar-fabula

Xosé M. Barros

Presidente

Maria Jose Gerpe Sese Directiva

M. José Gerpe

Tesorera

Só para persoas comprometidas

Se che preocupa o medio ambiente e queres facer algo para que o mar permañeza limpo de plásticos e suciedade faite socio de Mar de Fábula e participa nas nosas limpezas por toda a costa galega

O local de Mar de Fábula

Unha dos máis importantes fitos da Asociación Mar de Fábula foi a adquisición do local social onde realizamos os encontros cos rapaces das escolas da Costa da Morte. Este local ten un emplazamento estratéxico para a asociación xa que está situado a tan só uns poucos metros da fermosa praia de Camelle. Aquí é onde as criaturas caóticas toman forma.