Obxectivos
Mar de Fábula, visión e misión
Mar de Fábula é unha asociación sen ánimo de lucro que ten por obxectivo limpar a mar.
Para este fin, a asociación promoverá a recollida e retirada de todos os refugallos sólidos depositados na beiramar xa sexa polos temporais, polas correntes mariñas ou polos verquidos procedentes de terra, para evitar que volten á mar.
Este traballo será feito arreo todo ao longo do ano.
O meirande volume dos refugallos sólidos que contaminan a mar e o ecosistema mariño son materiais plásticos en todas as súas formas e tamaños. A medida que aumenta a súa degradación mecánica, os plásticos rómpense en anacos cada vez máis pequenos, facendo máis difícil ou imposible a súa recollida manual e facendo máis grande o seu impacto negativo no medio mariño.
Dende xa hai anos, moitas organizacións limpan de forma manual as costas dun número crecente de países nos cinco continentes. Mar de Fábula quere ser unha peza máis dentro desta maquinaria global que traballa para preservar a saúde dos océanos.
O eido de traballo da asociación cubrirá todo o litoral de Galicia pero nunha primeira fase, os traballos de limpeza se concentrarán nos areais e coídos da Costa da Morte.



No proceso de concienciación da ciudadanía, queremos transmitir a necesidade de asumir cada un de nos sin máis demora, unha postura activa na conservación da mar e do medioambiente mariño.
Manteremos contacto e cooperación con outras organizacións que teñan os mesmos obxetivos, tanto a nivel internacional como das comunidades autónomas costeiras de Estado Español e Portugal, a fin de conseguir no futuro unha acción conxunta para a limpeza da mar que baña as costas da Península Ibérica.
Para chamar a atención da ciudadanía de cara a estos obxetivos, a asociación Mar de Fábula organizará obradoiros de creación artística e artesanal en base á reutilización dos materiais plásticos seleccionados dos enormes volumes que, previsiblemente, chegaremos a almacenar nas nosas instalacións.
Noticias e novidades
Descubre todas as noticias e novidades que colgamos habitualmente no noso blog, onde poderás estar enterado de todo o que rodea a Mar de Fábula
Resumo da limpeza efectuada por Mar de Fábula na Praia da Concha en Cee
Onte sábado 18 de febreiro, acudiron 6 persoas ao noso chamamento para limpar a praia
Asamblea Xeral Extraordinaria de Mar de Fábula. Cambios na presidencia da asociación
De acordo cos estatutos da asociación para nomeamentos ou ceses na xunta directiva, o sábado
Asamblea Xeral Extraordinaria de Mar de Fábula o 14 xaneiro 2023 – Elección de nova presidencia
Pola presente, en función das miñas facultades como presidente, convoco unha Asamblea Xeral Extraordinaria de...
Mar de Fábula necesítate, faite socio xa!
Nunha nova etapa do camiño que estamos a facer na defensa do mar, Mar de...
Só para persoas comprometidas
Se che preocupa o medio ambiente e queres facer algo para que o mar permañeza limpo de plásticos e suciedade faite socio de Mar de Fábula e participa nas nosas limpezas por toda a costa galega