Limpeza da praia de Barrañán e avaliaión do seu bo estado ambiental a 24 de marzo de 2024

Nesta mañá de domingo, baixo un sol espléndido e un nordés moderado, 18 persoas voluntarias, entre elxs o equipo da Escola Infantil O Berce E.I de Arteixo, fumos limpar a praia de Barrañán, Arteixo, para apañar a colleita de lixo mariño que os mares de inverno deixaron neste areal.

Foi, ao mesmo tempo, unha viaxe de volta á orixe de Mar de Fábula porque as praias deste concello foron o eido cotián de traballo nos primeiros anos da nosa aventura.

Ao remate de 2 horas de limpeza e clasificación por fraccións do lixo recollido, o resultado foi o seguinte:

  • Bastonciños de algodón = 178
  • Anacos de madeira procesada = 15
  • Frascos de meiciñas = 6
  • Tubos de crema facial = 5
  • Cordas e cordeis = 95
  • Anacos de redes e aparellos de pesca = 62
  • Tapóns plásticos de botellas = 24
  • Paos plásticos das bateas = 11
  • Anacos plástico ríxido > 2,5 cm = 56
  • Botellas vidro = 2
  • cabichas = 34

Total residuos > 2,5 cm. = 488

Máis:

Centos de anaquiños de porexpan e plásticos miudos depositados directamente nun saco e non contabilizados por mor do vento do nordés que podería espallalos pola contorna.

Ao remate da actividade, todo o lixo recollido foi depositado nos respectivos contedores situados ao carón da praia.

Cálculo do Bo Estado Ambiental (BEA) da praia de Barrañán:

Os expertos da Unión Europea na Directiva de Estratexia Marco para o Medio Mariño de cara a conseguir un BEA para as praias europeas, teñen fixado un valor de umbral de 20 residuos ( >2,5cm) por cada 100 metros lineais de praia para acadar o calificativo de BEA.

A praia de Barrañán ten uns 1100 metros de lonxitude e segundo os cálculos correspondentes, teríamos unha proporción de 44,36 residuos / 100 metros de praia, polo que o resultado é o dobre do do límite fixado pola Unión Europea⬅️

Moitas gracias a todas as persoas que acudiron ao noso chamamento. Esta actividade ambiental está subvencionada pola Deputación da Coruña

Comparte :

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable: ASOC MAR DE FABULA.
  • Finalidad:  Moderar los comentarios.
  • Legitimación:  Por consentimiento del interesado.
  • Destinatarios y encargados de tratamiento:  No se ceden o comunican datos a terceros para prestar este servicio. El Titular ha contratado los servicios de alojamiento web a WP Nordés que actúa como encargado de tratamiento.
  • Derechos: Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional: Puede consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

¿Queres facerte socio?

Se eres unha persoa comprometida co medio ambiente e che gustaría aportar o teu gran de area por un mar máis limpo, non dubides en facerte socio de Mar de Fábula

Para donacións puntuales podes usar o noso número de conta mediante transferencia bancaria ao IBAN:

ES91 0049 7773 3028 1000 3297