O pañol grande

UN OCEANO DE LIXO NA MAR. LIXO NON DEGRADABLE. O PAÑOL GRANDE ATURA TODO

Todo vai ao PAÑOL GRANDE. As súas portas, sempre abertas, acollen sen atrancos todas as cousas que usamos e tiramos.

Os materiais de plástico teñen unha presencia masiva nos areais e coídos da Costa da Morte: Bolsas, envases e botellas de plástico aniñan nas praias e dunas de Mar de Fora. O Rostro, Nemiña, Reira, O Trece, Traba, Soesto, Razo, Baldaio, Barrañán…

Ás veces, despóis de tomar un descanso na fermosa enseada do Trece, xunto ao Cemiterio dos Ingleses, as botellas de plástico collen novos folgos e empuxadas polos ventos dos Oestes, voan coma paxaros de pet, cara enriba do Monte Branco, baixo o ollo vixiante do Cabo Vilán.

Pero tamén vidros, latas, porexpan, trapos, neumáticos, aparellos de pesca, chicotes, cabos, maromas, chanclas, lubas e botas de goma infortunadamente desaparelladas…

Recollidas Mar De Fabula 008
recollidas-mar-de-fabula-023
0 +

Voluntarios

0 +

Toneladas recollidas

0 +

Food and Drink

Recollida Nenos Escola 00031
Recollidas Mar De Fabula 019
coleccion-composiciones-00012
0 +

Anos limpando o mar

Un cambio de mentalidade

O 60% da poboación mundial vive a carón da mar nos cinco continentes. A mar, orixe da vida e principal fonte de recursos da humanidade, está a sofrer as consecuencias dunha visión antiga de que non ten límite, de que é un saco sen fondo, de que a mar pode aturar todo. Como din os mariñeiros no Gran Sol, a mar é o PAÑOL GRANDE. Pero non é así. A contaminación que sofren os océanos polos verquidos incontrolados e pola presencia masiva dos refugallos plásticos nas suas augas fai que o deterioro do ecosistema mariño sexa dende hai tempo unha preocupación para os principais organismos a nivel mundial.

Temos que deixar atrás a mentalidade individualista de que eu son feliz na miña casa, no meu xardín ou na miña leira e xa se acabóu. O noso benestar depende cada vez máis das accións dos demáis. A terra firme ten o seu territorio totalmente acotado xa polas propiedades privadas de toda caste. Eiquí o cidadán común ten poucas posibilidades de actuación e as que ten véñenlle xa fixadas.

Pero a mar é de todos nos. A mar é a nosa casa e o ecositema mariño que lle rodea son o seu xardín e a sua leira que son tamén de todos nos. Conservar o seu estado natural e preservala de todas as agresións e contaminacións que sofre, será a úneca maneira de poñernos no camiño cara a ese estado de benestar e felicidade que todo individuo e colectividade ansía.

Compre pois, cambiar a mentalidade da mar como PAÑOL GRANDE polo concepto da mar como CASA COMÚN. O seu futuro e o futuro de todos nos está nas nosas mans.

Entidades que colaboran con Mar de Fábula

Só para persoas comprometidas

Se che preocupa o medio ambiente e queres facer algo para que o mar permañeza limpo de plásticos e suciedade faite socio de Mar de Fábula e participa nas nosas limpezas por toda a costa galega