Viaxamos estos días a Tarragona para recibir o Premi Ones Comite Español UICN (e entregado polo seu presidente, Roberto Lozano). Estos son uns prestixiosos premios que nacen da Mare Terra Fundació Mediterrània , e en particular do seu presidente Ángel Juárez, a quen tivemos ocasión de coñecer, persoa bondadosa e coherente onde has haxa.
Recibir este premio é unha honra e nos anima a continuar ca nosa labor. E tamén supuxo a oportunidade de compartir a experiencia cas demáis persoas e proxectos premiados axs que admiramos: Operacion Encina Susana Herrera Márquez Escritores por La Alpujarra Joaquim Bosch @Néstor Martínez Cristina Fallarás – Oficial , Institut D´Horticultura i Jardinería de Reus e David Baute, director da película-documental de animación “Mariposas negras”, posuidor dun premio Goya na edición deste ano e que recomendamos ferventemente o seu visionado (de maneira gratuíta en Rtve Play).
Moitas gracias ao equipo da Fundación Mar e Terra pola magnífica organización do evento e do tempo de antes e despóis. O premio xa luce nas nosas instalacións de Camelle.
NON É O NOSO LIXO PERO SÍ É O NOSO PLANETA




