Celebración da Semana dos Oceanos

Hoxe, case 100 persoas de diversos colectivos ( Aspronaga Asociación, Fundacion Erguete-Integracion, CEEPR Lourdes, CP Teixeiro e CIS Coruña), realizamos unha acción pola defensa dos océanos na praia de Riazor, Concello da Coruña. Unha areal que é obxectivo xa non só do lixo mariño senón tamén, do lixo procedente do fermoso paseo marítimo da cidade. Despois das palabras de […]
“Camariñas, a perla da limpeza ambiental na Costa da Morte” – Limpeza nas praias de Reira – domingo, 1 de xuño 2025

O vindeiro domingo día 1 de xuño levaremos adiante a primeira acción ambiental dentro da campaña “CAMARIÑAS, A PERLA DA LIMPEZA AMBIENTAL DA COSTA DA MORTE”, campaña a realizar xunto co concello de Camariñas e cuxo obxectivo último é despertar o orgullo da veciñanza desta vila mariñeira para que coiden o seus espazos comúns e […]
O Alemán de Camelle e os Mandala

O termo mandala, de orixe sanscrito, siñifica “círculo encantado” ou “círculo máxico”. Os mandala son símbolos espirituais empregados no budismo e hinduísmo e representan o Equilibrio, a Armonía e a Unidade do individuo coa natureza e o cosmos. Os mandala teñen estado presentes en diversas civilizacíons, culturas e relixións. No budismo, no hinduísmo, nos aztecas, nos […]
Limpeza de lixo mariño na praia de Doniños. Ferrol. 16 febreiro 2025. O día despois.

Onte a mañá, 32 voluntarios dos 35 anotados, botándolle valor, comezaron ás 1100 horas a limpeza na praia de Doniños baixo unha choiva que non estaba convidada porque todos os pronósticos anunciaban que pararía sobre as 0900 horas pero non foi tal. Só ao mediodía o ceu, paseniño foi abrindo e puidemos adicar unha hora […]
Limpeza de microplásticos na Praia das Salseiras cos escolares do CEIP de Caión. MARTES, 12 DE NOVEMBRO.

Este martes 12 de novembro de 2024, 22 alumnos e alumnas de 3º e 4º de primaria do CEIP de Caión, acompañadxs por dúas profesoras e asesoradxs por Mar de Fábula, levaron adiante unha importante acción ambiental consistente na difícil tarefa de recoller microplásticos na area, a fracción máis problemática da contaminación do lixo plásticos […]
Proxecto ENTRE CREBAS. 11ª limpeza de lixo mariño na praia das Lapas.

Onte á mañá 17 persoas residentes no CIS, 2 funcionarias e 2 voluntarios de Mar de Fábula realizamos a limpeza nº 11 na praia das Lapas (O Areal da Torre) dentro do proxecto ENTRE CREBAS. De vagar, mes a mes, imos achegándonos a decembro, tempo de conclusión deste proxecto. Contaremos ao final 12 meses e […]
Limpeza na Praia de Mera: O día despois.

Limpeza de lixo mariño na praia de Mera e avaliación do seu BEA. Onte a mañá, baixo un afogante sol de outono, 15 voluntarixs fumos apañar lixo plástico miudo á praia de Mera, Oleiros. É rechamante a relación desta praia co mar. O perfil alto do areal na primeira mitade dos seus 500 metros de lonxitude […]
Breve resumo do VIII Encontro Internacional do Lixo Mariño

Finalizamos hoxe, dous días intensos e froitíferos que nos serviron para coñecer os estudos de Manuel Arias do CSIC, quen, de maneira didáctica e accesible nos mostrou os datos resultantes dos avances das súas investigacións sobre a contaminación de mares, océanos e ríos a nivel mundial. Sí, a “cousa” vai a máis, polo que cada grao […]
Proxecto Entre Crebas – 10ª Limpeza de lixo mariño na Praia das Lapas

O pasado mércores 3 de outubro levamos adiante a limpeza nº10 dentro do proxecto ENTRE CREBAS, proxecto de colaboración entre o CIS (Centro de Inserción Social ) da Coruña e Mar de Fábula, cuxo obxectivo é realizar unha limpeza mensual na praia das Lapas durante 12 meses coas persoas voluntarias residentes no CIS. Neste […]
Celebración do Día Mundial dos Océanos defendendo o mar Camariñas

Os océanos cubren máis do 70% da superficie do planeta e son fonte de vida, sustento da humanidade e acollen a meirande parte da biodiversidade da Terra. Para lembrar o seu importante papel na nosa vida diaria, Mar de Fábula organizará un gran acto simbólico en defensa do mar de Camariñas o vindeiro 6 de […]