Avaliación do Bo Estado Ambiental da praia de Laxe

Seguindo o fío conductor da experiencia de onte na praia da Ermida, esta mañá, coa participación de 52 alumnos/as de 2º,3º e 4º de primaria e de catro profesoras do CEIP Cabo da Area e contando coa presencia inicial dun técnico do Galp Costa da Morte, entidade pública patrocinadora desta iniciativa ambiental, temos procedido á […]
Avaliación do Bo Estado Ambiental da praia da Ermida, Ponteceso

Un dos principais indicadores da abundancia, composición e tendencia do lixo plástico no medio mariño é a cantidade de residuos que aparecen nas praias. A Comisión Europea, na súa Directiva de Estratexia Marco para o Medio Mariño considera que unha praia do litoral europeo, non pode acumular máis de 20 items (residuos) cun tamaño igual […]
Proxecto “ A CASA NO ALTO” Camelle

“A Casa non Alto” xorde do desexo de achegar un espazo onde creativos emerxentes poidan desenvolver o seu proxecto creativo en relación á contorna e as súas circunstancias (económicas, patrimoniais, ambientais, sociais…) Con ese fin, abrimos unha vivenda-taller no centro da poboación de Camelle íntegramente dispoñible para que novos artistas poidan residir temporalmente nela coa […]
Nova excursión ambiental a Camelle do CEIP Cabo da Area de Laxe

Este pasado mércores 9 de febreiro, ás 1000 horas da mañá, dimos a benvida no paseo da praia de Camelle ao autobús con 29 alumnxs e 2 profesoras de 5º de primaria do CEIP Cabo da Area de Laxe. Xusto unha semana antes, recibíramos tamén a visita de 18 escolares de 6º de primaria do […]
Limpeza no esteiro do Anllóns e na praia da Barra. O día despois.

Onte a maña, 25 voluntarios, veciños de Ponteceso e membros de Mar de Fábula, fumos limpar, primeiro en dúas zonas do Esteiro do Anllóns e logo, na espléndida a praia da Barra. Queríamos empezar o ano con forza, ter achegado máis voluntarios porque a tarefa a realizar era enorme pero costa traballo mobilizarnos, non é […]
Primeira visita escolar do ano 2022 ao Centro de Actividades Ambientais de Mar de Fábula en Camelle

Este pasado mércores, ás 1130 horas da mañá, recibimos a primeira visita do ano dun centro de ensino e, como non podía ser doutra maneira, foi a Escola de Infantil e Primaria de Camelle a que inaugurou a singladura do 2022. Nunha mañá espléndida, como se este mes de xaneiro xa fora primavera, baixo a […]
Asamblea Xeral Ordinaria de Mar de Fábula de xaneiro de 2022

Como é preceptivo pola lexislación vixente, este sábado 15 de xaneiro, as 16:00 horas, a asociación Mar de Fábula celebrou en Camelle, a súa asamblea anual, de maneira virtual pola pandemia, utilizando aos efectos unha espléndida pantalla de TV de 50” instalada na sede da asociación e adquirida cunha subvención para investimentos da Deputación Provincial. […]
Seguiremos limpando o Mar

No vindeiro ano, en Mar de Fábula seguiremos coa nosa teima de limpar o mar aínda que, despois de sete anos, sabemos ben que só estamos atacando os síntomas da enfermidade, dunha grave enfermidade crónica chamada capitalismo que, coa súa implacable eficacia de producción, loxística e marketing, ten elaborado un mecanismo consumista compulsivo que está […]
As criaturas caóticas de Mar de Fábula representadas nun mural no CEIP O Areal

Hoxe inaugurouse o novo mural do CEIP O Areal, elaborado pola asociación Mar de Fábula por encargo do Concello de Camariñas. A entidade quixo trasladar ata o centro educativo o mundo de criaturas caóticas que vive no seu centro de actividades en Camelle. Durante os meses de xullo e agosto, de xeito intermitente, un total […]
¿Que pasa cando tiras da cadea nun cruceiro?

Segundo a CLIA ( Cruise Line International Association ) que agrupa a máis do 95% das navieiras de cruceiros, 24 millóns de pasaxeiros disfrutaron dunha viaxe de lecer nos seus barcos no ano 2016. O ano 2017 calculan pechalo con 25,3 millóns de clientes. Non hai industria que medre máis axiña que a de meter […]