Ante unha nova visita dende a Alemaña da familia de Manfred Gnädinger, O Alemán de Camelle, rápidamente organizamos xunto coa AA.VV. A Pergoliña de Camelle, unha limpeza para hoxe, domingo, na contorna da Casa de MAN.
A pesar da chuvia, fomos quen de retirar 2 sacos de 100L de refugallos plásticos deitados pola última marea e tamén lixo procedente de terra.
Multitude de anacos de porexpan e de envoltorios plásticos de todos os tamaños, latas e botellas, cabos e chicotes etc…Salientamos o achádego de 14 portalentillas de plástico procedentes da perda dun contedor no Corredor Marítimo de Fisterra, hai xa 4 anos e que engrosarán a nosa colección de máis de 11.000 unidades deste material tan perigoso para a fauna mariña.
Unha vez máis, con esta limpeza queremos honrar a figura de MAN, unha persoa cun modo de vida único en toda a Península Ibérica e íntimamente ligada non só á vila de Camelle, senón tamén, á Costa da Morte. As persoas convocadas nesta llimpeza, non desistimos en poñer o foco na falta de mantemento, coidado e custodia dun espazo tan único e que aínda así, segue a ser un dos recursos turísticos máis visitados da zona.
Demandamos ás administracións , Xunta de Galicia e Concello de Camariñas que non permitan esmorecer tan emblemático lugar.