Celebración do Día Mundial dos Océanos defendendo o mar Camariñas

Os océanos cubren máis do 70% da superficie do planeta e son fonte de vida, sustento da humanidade e acollen a meirande parte da biodiversidade da Terra. 

Para lembrar o seu importante papel na nosa vida diaria, Mar de Fábula organizará un gran acto simbólico en defensa do mar de Camariñas o vindeiro 6 de xuño, mediante a limpeza do lixo plástico que ensucia, degrada e contamina a contorna do banco marisqueiro da Basa. Participarán :

  • Confraría de pescadores de Camariñas
  • Agrupación de Mariscadoras de Camariñas
  • Confraría de Pescadores de Camelle
  • Concello de Camariñas 
  • CEIP O Areal de Camariñas
  • CEIP Ponte do Porto de Camariñas
  • IES Terra de Soneira de Vimianzo
  • Mar de Fábula

É moi importante salientar o papel que xogará nesta acción ambiental a comunidade escolar de Camariñas e Vimianzo, nenos e nenas, moitos deles fillos e fillas, irmáns e parientes de mariscadoras e pescadores.  De aquí ven o adiante de 2 días na celebración de tan importante efeméride a fin de que os escolares asuman un papel  activo e consciente na defensa do mar de Camariñas, alicerce da historia e cultura das súas familias e protagonista xunto con eles dun futuro a construír.

O punto de encontro será o restaurante Rojo ás 1000 horas da mañá.  Tempo aprox. da limpeza 2 horas. Despois todos os participantes celebraremos un picnic de confraternidade na Área Recreativa do Ariño con bebidas e provisións de boca que cada un levará da súa casa. 

O concello de Camariñas coordinará as accións preparatorias, apoio loxístico e suministro do material necesario para levar adiante esta importante acción ambiental de limpeza e coidado do noso mar.

Screenshot
Screenshot

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable: ASOC MAR DE FABULA.
  • Finalidad:  Moderar los comentarios.
  • Legitimación:  Por consentimiento del interesado.
  • Destinatarios y encargados de tratamiento:  No se ceden o comunican datos a terceros para prestar este servicio. El Titular ha contratado los servicios de alojamiento web a WP Nordés que actúa como encargado de tratamiento.
  • Derechos: Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional: Puede consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

¿Queres facerte socio?

Se eres unha persoa comprometida co medio ambiente e che gustaría aportar o teu gran de area por un mar máis limpo, non dubides en facerte socio de Mar de Fábula

Para donacións puntuales podes usar o noso número de conta mediante transferencia bancaria ao IBAN:

ES91 0049 7773 3028 1000 3297