Limpeza de lixo mariño na praia de Mera e avaliación do seu BEA.
Onte a mañá, baixo un afogante sol de outono, 15 voluntarixs fumos apañar lixo plástico miudo á praia de Mera, Oleiros.
É rechamante a relación desta praia co mar. O perfil alto do areal na primeira mitade dos seus 500 metros de lonxitude crea o espellismo dunha praia limpa. E na segunda metade, especialmente na zona centro de perfil baixo, onde os plásticos mesturados co argazo se amorean formando acúmulos mestos, antigos, degradados pola intemperie.
Milleiros de microplásticos secundarios, de porexpan, pellets, fibras, residuos do lixo-retrete que fan pensar en problemas na depuradora, cordas, anacos de plástico de toda caste… toda unha masa de contaminación plástica depositada polos ventos e as liñas de marea nunha ringleira que impacta visualmente dende o paseo marítimo e que constitúe unha vergoña impropia dunha vila pudente como a de Mera.
Nunha hora e media de traballo, en apenas 100 metros da praia, xs voluntarixs apañaron 1.322 residuos, unha penosa mostra que di moi pouco a favor do estado ambiental desta praia que excede todos os umbrais fixados polos expertos da UE.
O resultado da colleita foi como sigue :
- Bastonciños de algodón = 420
- Paos de chupa-chup = 25
- Cabichas = 140
- Cordas/aparellos pesca = 138
- Anacos plástico ríxido = 128
- Espumas sintéticas = 215
- Engados luminosos de pesca =13
- Peches crema solar = 42
- Filtros depuradora = 12
- Botellas plástico = 10
- Tapóns plástico = 177
- Balón de fútbol roto = 1
- Peza de 60×20 de espuma = 1
TOTAL = 1.322 residuos.
Agradecemos de maneira calurosa o traballo das persoas participantes
NON É O NOSO LIXO, PERO SÍ É O NOSO PLANETA
Actividade subvencionada pola Deputación da Coruña .