Charla de sensibilización ambiental e obradoiro artístico no CIS. A Coruña, 22 abril

Onte á tarde, catro membros de Mar de Fábula achegámonos ás instalacións do CIS (Centro de Inserción Social) da Coruña armados con grandes caixas do peixe cheas de anacos de lixo plástico ben lavadiño para disfrutar de máis de tres horas de actividades coas persoas internas desta institución. Son xa cinco meses de vixencia do proxecto ENTRE CREBAS, apañando e analizando xuntos o lixo mariño que o mar nos devolve na praia das Lapas, xusto debaixo da súa casa de tempada e, ísto une.

Primeiro, no salón de actos do CIS, cunha asistencia máis que notable posto que non era obrigatoria, persoas adultas de todas as idades e perfis escoitaron as aventuras de Mar de Fábula na defensa do mar da boca de Virxinia, Pedro e María. O asistentes, escoitando, moi atentos, ás veces interrumpindo, aportando experiencias, ideas propias e gargalladas, fixeron da reunión un momento fondamente  humano e agradable onde todos éramos un.

Logo, noutra sala con varias mesas, entre ocurrencias, humor e invitacións de café con leite de máquina, o lixo plástico de Mar de Fábula foi collendo diferentes formas de maneira creativa e divertida baixo as mans destos homes e mulleres que están a deixar en nós unha fonda pegada de empatía e afecto porque coidar a natureza, limpar o mar, xuntos, crea equipo.

Observación: Esta actividade está dentro dunha subvención da Deputación Provincial da Coruña.

Comparte :

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable: ASOC MAR DE FABULA.
  • Finalidad:  Moderar los comentarios.
  • Legitimación:  Por consentimiento del interesado.
  • Destinatarios y encargados de tratamiento:  No se ceden o comunican datos a terceros para prestar este servicio. El Titular ha contratado los servicios de alojamiento web a WP Nordés que actúa como encargado de tratamiento.
  • Derechos: Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional: Puede consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

¿Queres facerte socio?

Se eres unha persoa comprometida co medio ambiente e che gustaría aportar o teu gran de area por un mar máis limpo, non dubides en facerte socio de Mar de Fábula

Para donacións puntuales podes usar o noso número de conta mediante transferencia bancaria ao IBAN:

ES91 0049 7773 3028 1000 3297