Proxecto ENTRE CREBAS. Sexta limpeza da praia das Lapas. 24 abril 2024

O pasado mércores día 24 do cte. as persoas residentes do CIS ( Centro de Inserción Social) da Coruña e Mar de de Fábula levaron adiante a 6ª acción ambiental do proxecto ENTRE CREBAS que ten por obxectivo realizar, durante un ano e con frecuencia mensual, a limpeza e clasificación do lixo mariño que o mar nos devolve nesa pequena e fermosa enseada qu é a praia da Lapas ( coñecida de sempre como o Areal da Torre).

As persoas residentes do CIS, co seu traballo serio de coidado da natureza, de limpeza do mar, se están a revelar como verdadeiros AXENTES DO CAMBIO para construir unha sociedade mellor.

O resultado da colleita infame foi o seguinte :

PLÁSTICO/POLIESTIRENO

  • Botellas plástico = 3
  • Cordas = 35
  • Bolsas do engado do polbo = 2
  • Anacos plástico >2,5 cm.= 31
  • Microplásticos = 105

ROUPA/TEXTIL 

  • Trapos = 3
  • Bragas = 1

PAPEL/CARTÓN

  • Paquetes tabaco = 2
  • Cabichas = 357

METAL

  • latas+punta de ferro = 10

VIDRO

  • botellas vidro = 3

CERÁMICA

  • Anacos entullo = 15

RESIDUOS HIXIÉNICO-SANITARIOS

  • Toalliñas húmidas = 15
  • Bastonciños algodón = 18
  • Aplicadores tampóns = 3

TOTAL Nº RESIDUOS = 603

Observación :

O incremento exponencial das cabichas apañadas este mes (357 en comparación con 39 en marzo) revela que xa imos de cara ao verán e hai xente que vaise bañar e deixa este residuo na area sen facer caso da prohibición de fumar noa areais desta cidade. 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable: ASOC MAR DE FABULA.
  • Finalidad:  Moderar los comentarios.
  • Legitimación:  Por consentimiento del interesado.
  • Destinatarios y encargados de tratamiento:  No se ceden o comunican datos a terceros para prestar este servicio. El Titular ha contratado los servicios de alojamiento web a WP Nordés que actúa como encargado de tratamiento.
  • Derechos: Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional: Puede consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

¿Queres facerte socio?

Se eres unha persoa comprometida co medio ambiente e che gustaría aportar o teu gran de area por un mar máis limpo, non dubides en facerte socio de Mar de Fábula

Para donacións puntuales podes usar o noso número de conta mediante transferencia bancaria ao IBAN:

ES91 0049 7773 3028 1000 3297