Celebración do 8 de xuño, Día dos Océanos, Camelle

Celebración do 8 de xuño, Día dos Océanos, Camelle

Dende hai xa moitos días, tiñamos reservada esta data, para acoller con todos os honores, a visita de 11 escolares e 2 profesores do CEIP  Santa Eulalia de Dumbría e celebrar con eles en Camelle, sen moito rebumbio pero cunha forte carga simbólica, o Día dos Océanos. Mais na semana pasada chamounos o portavoz do […]

Avaliación do Bo Estado Ambiental da praia de Lago, Camariñas

Limpeza da praia de Lago en Camariñas

Na mañá de onte 7 de xuño levamos adiante a terceira e última experiencia de avaliación do Bo Estado Ambiental de praias no litoral da Costa da Morte, baixo o patrocinio do Galp Costa da Morte e seguindo os parámetros fixados polos expertos da Comisión Europea que consideran que, unha praia calqueira do litoral europeo, […]

Actividades ambientais en Camelle de 30 escolares do CPI A Picota, Mazaricos

Os rapaces do CPI A Picota en Camelle

Este sábado 15 de maio, ás 11:00 horas da mañá, dimos a benvida na cabeceira da praia de Camelle a 30 alumnos/as de 5º e 6º de primaria e 3 docentes do CPI A Picota, do concello de Mazaricos. Como é habitual, os cativiños baixaron do autobús, felices e expectantes, ao abrirse ante os seus […]

Avaliación do Bo Estado Ambiental da praia de Laxe

Os nenos da escola limparon a súa Praia de Laxe

Seguindo o fío conductor da experiencia de onte na praia da Ermida, esta mañá, coa participación de 52 alumnos/as de 2º,3º e 4º de primaria e de catro profesoras do CEIP Cabo da Area e contando coa presencia inicial dun técnico do Galp Costa da Morte, entidade pública patrocinadora desta iniciativa ambiental, temos procedido á […]

Avaliación do Bo Estado Ambiental da praia da Ermida, Ponteceso

Os protagonistas da limpeza na Praia da Ermida en Ponteceso

Un dos principais indicadores da abundancia, composición e tendencia do lixo plástico no medio mariño é a cantidade de residuos que aparecen nas praias. A Comisión Europea, na súa Directiva de Estratexia Marco para o Medio Mariño considera que unha praia do litoral europeo, non pode acumular máis de 20 items (residuos) cun tamaño igual […]

Proxecto “ A CASA NO ALTO” Camelle

A Casa No Alto Camelle 2

“A Casa non Alto” xorde do desexo de achegar un espazo onde creativos emerxentes poidan desenvolver o seu proxecto creativo en relación á contorna e as súas circunstancias (económicas, patrimoniais, ambientais, sociais…) Con ese fin, abrimos unha vivenda-taller no centro da poboación de Camelle íntegramente dispoñible para que novos artistas poidan residir temporalmente nela coa […]

Nova excursión ambiental a Camelle do CEIP Cabo da Area de Laxe

Nova excursión ambiental a Camelle do CEIP Cabo da Area de Laxe

Este pasado mércores 9 de febreiro, ás 1000 horas da mañá, dimos a benvida no paseo da praia de Camelle ao autobús con 29 alumnxs e 2 profesoras de 5º de primaria do CEIP Cabo da Area de Laxe. Xusto unha semana antes, recibíramos tamén a visita de 18 escolares de 6º de primaria do […]

Limpeza no esteiro do Anllóns e na praia da Barra. O día despois.

Limpeza Esteiro Anllons Ponteceso 1

Onte a maña, 25 voluntarios, veciños de Ponteceso e membros de Mar de Fábula, fumos limpar, primeiro en dúas zonas do Esteiro do Anllóns e logo, na espléndida a praia da Barra. Queríamos empezar o ano con forza, ter achegado máis voluntarios porque a tarefa a realizar era enorme pero costa traballo mobilizarnos, non é […]

Asamblea Xeral Ordinaria de Mar de Fábula de xaneiro de 2022

Asamblea Mar De Fabula Xaneiro 2022

Como é preceptivo pola lexislación vixente, este sábado 15 de xaneiro, as 16:00 horas, a asociación Mar de Fábula celebrou en Camelle, a súa asamblea anual, de maneira virtual pola pandemia, utilizando aos efectos unha espléndida pantalla de TV de 50” instalada na sede da asociación e adquirida cunha subvención para investimentos da Deputación Provincial. […]