10 anos de activismo mirando ao mar

E o celebramos, vaia se o celebramos! porque a pesar das circunstacias actuais pola CRISE DOS PELLETS, celebramos que seguimos tendo forzas para continuar a visibilizar, sensibilizar e sobre todo, LIMPAR, limpar as praias e coídos de LIXO plástico que non é noso pero que NON podemos IGNORAR. Moitxs de vos limpades tamén de maneira individual, con nos ou con outras asociacións ou colectivos e sabedes de primeira man que o PROBLEMA da contaminación plástica na natureza MEDRA DÍA A DÍA.

Agardamos que da crise dos pelllets saia algo POSITIVO, algo tan simple como sair a LIMPAR, montes, ríos, regatos, praias, coídos, etc..Todo o lixo que vemos é susceptible de converterse en microplásticos (como os pellets de resina), interceptémolo antes. PAREMOS ESTA INVASIÓN DE PLÁSTICO NA NATUREZA. Estamos estos días comprobando o PODER transformador que temos as PERSOAS cando veñen mal dadas, polo que, desexamos que este sexa un punto de inflexión e comezar ENTRE TODXS a REVOLUCIÓN ANTI-PLÁSTICO NA NATUREZA.

Hoxe, asistiron 55 persoas á nosa limpeza na praia do Lago de Camariñas, un areal moi contaminado de lixo mariño, retiramos en total 17 SACOS DE 100 LITROS. A continuación, 20 persoas nos achegamos despóis a retirar cantas boliñas de pellets (2 SACOS DE 30 LITROS), poidemos sacar das praias de Reira.

Xs que limpamos de maneira habitual, sabemos que é MISIÓN IMPOSIBLE, apañar os pellets en canto se espallan nos areais e temos presente a ESTADÍSTICA: o 75% dos plásticos que caen ao mar, directamente van ao fondo, o 15% queda aboiando no mar e o 15% chega á costa.

Co paso dos días, este verquido de pellets engrosará a lista de TODOS OS ELEMENTOS CONTAMINANTES COS QUE CONVIVIMOS. Non poderemos facer moito máis cos PELLETS pero SÍ podemos SEGUIR LIMPANDO TODO O DEMÁIS.

Agradecemos a colaboración nas limpezas dos Concelleiros de Medioambiente e de Deportes do @ Concello de Camariñas e do Presidente da Asociación de Profesionais do Turismo da Costa da Morte Aptcm Costa da Morte.

Moitas gracias a todxs xs voluntarixs e vémonos na vindeira limpeza!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable: ASOC MAR DE FABULA.
  • Finalidad:  Moderar los comentarios.
  • Legitimación:  Por consentimiento del interesado.
  • Destinatarios y encargados de tratamiento:  No se ceden o comunican datos a terceros para prestar este servicio. El Titular ha contratado los servicios de alojamiento web a WP Nordés que actúa como encargado de tratamiento.
  • Derechos: Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional: Puede consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

¿Queres facerte socio?

Se eres unha persoa comprometida co medio ambiente e che gustaría aportar o teu gran de area por un mar máis limpo, non dubides en facerte socio de Mar de Fábula

Para donacións puntuales podes usar o noso número de conta mediante transferencia bancaria ao IBAN:

ES91 0049 7773 3028 1000 3297