Resultado da limpeza na praia de Gures

Este domingo 21 de maio de 2023, acudiron ao noso chamamento para limpar a praia de Gures 21 persoas (7 delas, nenxs). Persoas, familias súper motivadas 100×100 afrontaron a nobre tarefa de descontaminar un areal tan idílico e desfrutado na época estival. Despóis de organizar a mecánica da limpeza, até alí nos diriximos nun paseíño […]
Próxima limpeza nos coídos da Punta do Corno en Camariñas

Dende a asociación Mar de Fábula facemos un chamamento ás persoas interesadas en participar na nosa vindeira limpeza. Aquí tedes toda a información necesaria: A efectos de cobertura de seguros, é necesario anotarse con nome, apelidos e DNI, no teléfono: 608 60 90 42, ou no correo electrónico:info@mardefabula.org Coma sempre, contaremos co apoio loxístico do […]
Resumo da limpeza efectuada por Mar de Fábula na Praia da Concha en Cee

Onte sábado 18 de febreiro, acudiron 6 persoas ao noso chamamento para limpar a praia da Concha, en Cee. O traballo fíxose duro debido ás altas temperaturas tan inusuais nesta época do ano, é por iso, que queremos agradecer hoxe en especial a labor de tan motivado e concienciado voluntariado. Sentimos a necesidade de recuperar […]
Celebración do 8 de xuño, Día dos Océanos, Camelle

Dende hai xa moitos días, tiñamos reservada esta data, para acoller con todos os honores, a visita de 11 escolares e 2 profesores do CEIP Santa Eulalia de Dumbría e celebrar con eles en Camelle, sen moito rebumbio pero cunha forte carga simbólica, o Día dos Océanos. Mais na semana pasada chamounos o portavoz do […]
Avaliación do Bo Estado Ambiental da praia de Laxe

Seguindo o fío conductor da experiencia de onte na praia da Ermida, esta mañá, coa participación de 52 alumnos/as de 2º,3º e 4º de primaria e de catro profesoras do CEIP Cabo da Area e contando coa presencia inicial dun técnico do Galp Costa da Morte, entidade pública patrocinadora desta iniciativa ambiental, temos procedido á […]
Avaliación do Bo Estado Ambiental da praia da Ermida, Ponteceso

Un dos principais indicadores da abundancia, composición e tendencia do lixo plástico no medio mariño é a cantidade de residuos que aparecen nas praias. A Comisión Europea, na súa Directiva de Estratexia Marco para o Medio Mariño considera que unha praia do litoral europeo, non pode acumular máis de 20 items (residuos) cun tamaño igual […]
Nova excursión ambiental a Camelle do CEIP Cabo da Area de Laxe

Este pasado mércores 9 de febreiro, ás 1000 horas da mañá, dimos a benvida no paseo da praia de Camelle ao autobús con 29 alumnxs e 2 profesoras de 5º de primaria do CEIP Cabo da Area de Laxe. Xusto unha semana antes, recibíramos tamén a visita de 18 escolares de 6º de primaria do […]
Limpeza no esteiro do Anllóns e na praia da Barra. O día despois.

Onte a maña, 25 voluntarios, veciños de Ponteceso e membros de Mar de Fábula, fumos limpar, primeiro en dúas zonas do Esteiro do Anllóns e logo, na espléndida a praia da Barra. Queríamos empezar o ano con forza, ter achegado máis voluntarios porque a tarefa a realizar era enorme pero costa traballo mobilizarnos, non é […]