Celebración do 8 de xuño, Día dos Océanos, Camelle

Dende hai xa moitos días, tiñamos reservada esta data, para acoller con todos os honores, a visita de 11 escolares e 2 profesores do CEIP  Santa Eulalia de Dumbría e celebrar con eles en Camelle, sen moito rebumbio pero cunha forte carga simbólica, o Día dos Océanos.

Mais na semana pasada chamounos o portavoz do grupo de investigación  EqualSea Lab da universidade de Santiago, grupo centrado no estudo da Equidade e Gobernanza dos Océanos,  para saber se podíanse unir a nós este día.

Limpeza na praia de Camelle
Limpeza na praia de Camelle

Como non podía ser doutra maneira, abrímoslles as portas. Pero tamén, dende primeira hora, abrímoslle a porta a unha persistente choiva en forma de orballo que non parou en toda a mañá e que fixo imposible as actividades ao aire libre que tanto disfrutan os cativiños. 

Non houbo outra solución que estar toda a mañá pechados no local pero estivemos ben.  Mar de Fábula, intercalando historias, falou do seu traballo na limpeza do mar, EqualSea Lab explicounos, un pouco por riba os seus proxectos en diferentes países e mares e os escolares de Dumbría, atentos,  fixeron preguntas pero … cansabanse de tanto estar sentados e de tanto falar ! Se non podían saír á praia polo menos sí querían facer cousas coas súas mans, ceibar a súa imaxinación creando animais e figuras fantásticas xogando co lixo plástico almacenado no local. 

Ao final, todos participaron no obradoiro e o aguerrido grupo de seis investigadores, sen querer esperar máis, baixaron á praia para coñecer de primeira man, enchoupados co fino orballo, o multicor agasallo de lixo mariño, que os océanos achegaban este día á praia de Camelle,  para celebrar a súa efeméride.

Celebración do Día dos Océanos en Camelle
Celebración do Día dos Océanos en Camelle

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable: ASOC MAR DE FABULA.
  • Finalidad:  Moderar los comentarios.
  • Legitimación:  Por consentimiento del interesado.
  • Destinatarios y encargados de tratamiento:  No se ceden o comunican datos a terceros para prestar este servicio. El Titular ha contratado los servicios de alojamiento web a WP Nordés que actúa como encargado de tratamiento.
  • Derechos: Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional: Puede consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

¿Queres facerte socio?

Se eres unha persoa comprometida co medio ambiente e che gustaría aportar o teu gran de area por un mar máis limpo, non dubides en facerte socio de Mar de Fábula

Para donacións puntuales podes usar o noso número de conta mediante transferencia bancaria ao IBAN:

ES91 0049 7773 3028 1000 3297