Limpeza nos coídos de Camariñas en novembro de 2023

Este domingo 26 de novembro de 2023, baixo a mellor das metereoloxías, 10 adultxs e dúas nenas, procedimos a limpar todo o lixo mariño do que fomos capaces en tres coídos de Camariñas (Portocelo, O Pindo e Os Boliños da Fortuna).Os últimos temporais do sur, deitaron na costa unha boa mostra do que se lle arroxa ao mar.

ESTADÍSTICA: o 70% do lixo directamente vai ao fondo, o 15% queda aboiado no mar e o 15% restante chega á costa. Esta última porcentaxe é na que nos, o voluntariado en terra podemos actuar, o resultado da colleita de lixo retirado foi o seguinte:

  • Coído de Portocelo = 9 sacos de 100 litros cheos de lixo plástico misceláneo + 1 bidón grande, redes e aparellos de pesca.
  • Coído do Pindo = 2 sacos de 100 litros cheos de lixo plástico misceláneo + 1 bidón pequeno, 2 caixas de peixe e aparellos de pesca.
  • Coído de Boliños da Fortuna = 7 sacos de 100 litros cheos de lixo plástico misceláneo + restos de nasas de ferro e caixas rotas do peixe. O lixo apañado neste coído foi transportado polxs voluntarixs ao campeiro da antiga cetárea para facilitar a recollida final polo concello.

O lixo plástico misceláneo, común nos tres coídos , estaba composto de envases e botellas de plástico, espumas sintéticas, anacos de redes e nasas, restos de bidóns metálicos, paos plásticos das bateas do mexillón, engados das nasas, infinidade de cordeis, cordas pequenas e cabos enredados con madeiros.

Descontaminado o lugar, DESCONTAMINADAS AS MENTES, rematamos unha fermosa xornada cun profundo sentimento de benestar polo traballo ben feito en comunidade. Moitas gracias axs participantes por ter acudido ao noso chamamento. Agradecemos ao Concello de Camariñas o apoio loxístico prestado.

Comparte :

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable: ASOC MAR DE FABULA.
  • Finalidad:  Moderar los comentarios.
  • Legitimación:  Por consentimiento del interesado.
  • Destinatarios y encargados de tratamiento:  No se ceden o comunican datos a terceros para prestar este servicio. El Titular ha contratado los servicios de alojamiento web a WP Nordés que actúa como encargado de tratamiento.
  • Derechos: Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional: Puede consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

¿Queres facerte socio?

Se eres unha persoa comprometida co medio ambiente e che gustaría aportar o teu gran de area por un mar máis limpo, non dubides en facerte socio de Mar de Fábula

Para donacións puntuales podes usar o noso número de conta mediante transferencia bancaria ao IBAN:

ES91 0049 7773 3028 1000 3297