Limpeza e avaliación do estado ambiental da praia de Mar de Fora a 10 de agosto 2023

O pasado xoves 10 de agosto fumos limpar a praia de Mar de Fora en Fisterra coa intención de avaliar o seu estado ambiental posto que, nunha primeira inspección visual feita hai uns quince días, a praia relucía limpa a primeira vista.

Esta acción ambiental foi realizada en colaboración co proxecto VISITA Á COSTA DA MORTE, dun grupo de bloggers, moi activos e sensibilizados apañando plásticos, cada un especialista no seu respectivo eido pero todos unidos na limpeza e protección do medio mariño.

En total participamos 15 voluntarios e o resultado da limpeza, despois de hora e media de trabllo,  veu a reconfirmar a nosa experiencia máis que contrastada de todos estos anos : Unha praia que aparentemente estaba limpa,  poñendo mans á obra e focalizando a atención na tarefa a realizar, xurdiron dos argazos e no medio da area centos e centos de anacos de plástico medianos, de anaquiños pequenos e moito microplástico que converteron, unha vez máis,  nunha utopía acadar o umbral fixado pola Comisión Europea de 20 refugallos por 100 metros lineais de praia para obter a clasificación de Bo Estado Ambiental.

Ao remate da limpeza, algúns dos participantes celebramos un xantar de irmandade baixo a sombra acolledora do pinar da longa praia de Langosteira.

Comparte :

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable: ASOC MAR DE FABULA.
  • Finalidad:  Moderar los comentarios.
  • Legitimación:  Por consentimiento del interesado.
  • Destinatarios y encargados de tratamiento:  No se ceden o comunican datos a terceros para prestar este servicio. El Titular ha contratado los servicios de alojamiento web a WP Nordés que actúa como encargado de tratamiento.
  • Derechos: Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional: Puede consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

¿Queres facerte socio?

Se eres unha persoa comprometida co medio ambiente e che gustaría aportar o teu gran de area por un mar máis limpo, non dubides en facerte socio de Mar de Fábula

Para donacións puntuales podes usar o noso número de conta mediante transferencia bancaria ao IBAN:

ES91 0049 7773 3028 1000 3297