Limpezas na Cala de bens, praia de Caveiro e manifesto na Defensa do Mar en Santiago

Venres, 19 de xaneiro. Limpeza na cala de Bens, A Coruña con REFIX e RetoqueRetro.

Probablemente sexa o areal maís contaminado da provincia. Sen rastro de pellets pero sí moita contaminación de residuos textís, como é habitual nesta esquecida caliña que tempo atrás, antes do actual estado de abandono e sacrificada polas administracións en favor do sector industrial da zona, tivo que ser ben fermosa.

Sábado, 20 de xaneiro. Limpeza con RetoqueRetro, Refix, NoiaLimpa e a Asociación Amicos de Boiro, na praia de Caveiro, Porto do Son.

Precioso lugar, como toda a ría de Muros e Noia. Máis de 40 persoas acudiron ao noso chamamento conxunto. A simple vista, a praia, non parecía moi contaminada, pero unha vez máis, aquí tedes o resultado:

  • 14 cabichas
  • 2 boquilla
  • 4 chisqueiros
  • 40 tapóns de botellas
  • 5 botellas plástico
  • 2 polbeiras plástico
  • 52 bastonciños de algodón
  • 2 xeringuillas
  • 11 paos chupa chups

Isto é o máis destacado, a maiores, multitude de anacos de plástico duro e brando e ‘pouca’ cantidade de pellets.

Domingo, 21 de xaneiro, asistimos como firmantes no manifesto, á manifestación na DEFENSA DO MAR, en Santiago de Compostela.

A saúde do mar está nas nosas mans. Sentímolo polo mar, pero, así é. A seguir remando.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable: ASOC MAR DE FABULA.
  • Finalidad:  Moderar los comentarios.
  • Legitimación:  Por consentimiento del interesado.
  • Destinatarios y encargados de tratamiento:  No se ceden o comunican datos a terceros para prestar este servicio. El Titular ha contratado los servicios de alojamiento web a WP Nordés que actúa como encargado de tratamiento.
  • Derechos: Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional: Puede consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

¿Queres facerte socio?

Se eres unha persoa comprometida co medio ambiente e che gustaría aportar o teu gran de area por un mar máis limpo, non dubides en facerte socio de Mar de Fábula

Para donacións puntuales podes usar o noso número de conta mediante transferencia bancaria ao IBAN:

ES91 0049 7773 3028 1000 3297