A contaminación do mar polos pellets de resina e a contaminación mental

Durante os dez anos que Mar de Fábula leva facendo limpezas de lixo mariño nos praias e coídos da Costa da Morte e na Área Metropolitana da Coruña, os pellets de resina, microplásticos primarios, teñen sido unha constante para nós na beira do mar. De feito, en xaneiro do 2020 organizamos unha limpeza específica de pellets de resina na praia de Traba en Laxe e, un ano antes,  en marzo do 2019, varios containers caeran  ao mar dende a cuberta dun barco no Corredor marítimo de Fisterrra e milleiros de botellas de xirasol, e millóns de envases de lentillas, pellets de resina e chatarra plástica invadiron todo o litoral da Costa da Morte, obrigando aos concellos da costa a tomar medidas urxentes de limpeza e orixinando en Camelle unha mobilización histórica dos veciños para apañar toda aquela mercaduría que nos devolvía o mar.

Xa me gustaría a min que o impacto e abraio  xerado estos días pola actual crise destos pellets que nos chegan das augas de Portugal e que mestúranse ao chegar á nosa costa cunha deprimente liorta política das institucións que nos representan, puideran manifestarse tamén diante do espectáculo dos millóns de microplásticos secundarios que enchen a cotío as liñas de marea das nosas praias e que son resultado da degradación química e mecánica dos residuos plásticos que veñen dese grande supermercado do lixo que temos feito do mar.

As perdas de microplásticos primarios ao longo da cadea de suministros e que sempre rematan no mar son unha constante a nivel mundial. Cálcúlase que en Europa pérdense 170.000 tons de pellets de resina ao ano.  De feito, en Escocia, unha das liñas de traballo da  asociación FIDRA está adicada a combatir en exclusiva este refugallo plástico.  No ano 2020 nas costas de Noruega, o vertido de varios containers do barco ro-ro “ Trans-Carrier” contaminou de microplásticos primarios centos de kilómetros das costas de Noruega e Suecia. Pero nada comparable ao que aconteceu en maio 2021 nas costas de Sri-Lanka, cando o buque “X-Press Pearl” procedente da India sufriu un incendio a bordo e semiafundiuse. Levaba a bordo 1.377 containers e deles, 422 contiñan pellets de resina de diferentes polímeros. Os pellets, mesturados co resto das mercadurías incendiadas espalláronse por centos de kilómetros das costas de Sri-Lanka e aínda hoxe siguen cos traballos de limpeza pero claro, isto pasou no terceiro mundo, lonxe de nós.

A contaminación que sofren os océanos polos vertidos incontrolados e pola presenza masiva de lixo mariño en todos os mares, non deixa de ser o síntoma de outra grave contaminación paralela á anterior na súa intensidade  e que afecta á sociedade moderna. Comprar e consumir de maneira compulsiva son refugallos de lixo mental que contaminan a nosa vida social inducidos polo Sistema que necesita facer de nós, facer do mar, un sumidoiro de lixo para que a maquinaria da festa consumista non pare, e así nos vai.

Comparte :

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable: ASOC MAR DE FABULA.
  • Finalidad:  Moderar los comentarios.
  • Legitimación:  Por consentimiento del interesado.
  • Destinatarios y encargados de tratamiento:  No se ceden o comunican datos a terceros para prestar este servicio. El Titular ha contratado los servicios de alojamiento web a WP Nordés que actúa como encargado de tratamiento.
  • Derechos: Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional: Puede consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

¿Queres facerte socio?

Se eres unha persoa comprometida co medio ambiente e che gustaría aportar o teu gran de area por un mar máis limpo, non dubides en facerte socio de Mar de Fábula

Para donacións puntuales podes usar o noso número de conta mediante transferencia bancaria ao IBAN:

ES91 0049 7773 3028 1000 3297