Este martes 12 de novembro de 2024, 22 alumnos e alumnas de 3º e 4º de primaria do CEIP de Caión, acompañadxs por dúas profesoras e asesoradxs por Mar de Fábula, levaron adiante unha importante acción ambiental consistente na difícil tarefa de recoller microplásticos na area, a fracción máis problemática da contaminación do lixo plásticos no mar.
A cativada, movida polo entusiasmo que caracteriza a súa idade e armados con 5 tarros de vidro dun litro de capacidade, espalláronse en grupos ao longo da delgada liña de
marea para apañar, a modo de detectives ambientais, centos de microplásticos primarios e secundarios durante 1 hora de intenso e minucioso traballo.
Ao remate, foron cinco os tarros medio cheos que despois de peneirados pasaron a completar un que levaron para o colexio como mostra da súa colleita.
Logo, xa no propio centro de ensino, desfrutaron coma nenxs que son, ceibando a súa imaxinación nun amplo e creativo obradoiro artístico reutilizando a colección de plásticos seleccionados das limpezas de Mar de Fábula.
Os interrogantes e o querer saber por parte destxs cativiñxs son o estímulo que necesitábamos para seguir na teima de sacar á luz esta contaminación crónica do mar.
Actividade subvencionada pola Deputación da Coruña
NON É O NOSO LIXO, PERO SÍ É O NOSO PLANETA