Celebración da Semana dos Oceanos

Hoxe, case 100 persoas de diversos colectivos ( Aspronaga AsociaciónFundacion Erguete-IntegracionCEEPR Lourdes, CP Teixeiro e CIS Coruña), realizamos unha acción pola defensa dos océanos na praia de Riazor, Concello da Coruña. Unha areal que é obxectivo xa non só do lixo mariño senón tamén, do lixo procedente do fermoso paseo marítimo da cidade.

Despois das palabras de introducción e benvida por parte de Rosaura (F.Érguete) e Virxinia (Mar de Fábula), procedimos ca limpeza da praia co seguinte resultado:

PLÁSTICO/POLIESTIRENO

  • 45 anacos de plástico grande > 10 cm.
  • 150 cordas pequenas e chicotes da pesca
  • 11 anacos de nasas
  • 8 paos plásticos bateas mexillón
  • 10 anacos porexpan
  • 22 botellas de plástico

PAPEL/CARTÓN

  • 1.226 cabichas
  • 8 restos paquetes tabaco
  • 12 servilletas papel

METAL

  • 25 latas bebidas

RESIDUOS HIXIÉNICO-SANITARIOS

  • 68 Bastonciños algodón das orellas
  • 10 restos toalliñas húmidas

TOTAL = 1.595 RESIDUOS // 27kg.

OBSERVACIÓNS :

Todos os residuos foron apañados na beira do mar, directamente na area ou entre os argazos pero todos recén devoltos e lavadiños polas augas. Para nada as mans destas persoas vulnerables tocaron a ́cabeceira do areal, ao carón do paseo marítimo, zona sucia e

degradada, cheo de cabichas, que pronto será pasto das máquinas que xa quentan os seus motores de cara ao San Xoán. Para minimizar o impacto desta festa, suxerimos ao Concello da Coruña, a incorporación de voluntariado aos seus efectivos, que vele polo destino dos residuos xerados e así aforrarnos, na medida do posiblemente humán, as imaxes que todxs temos na retina do post-San Xoán.

Tras a caracterización do lixo, tivo lugar o acto simbólico de facer unha cadea humana e pasarnos de man e man o planeta TERRA, representado por unha gran bola. Transmitimos así, a mensaxe de que está nas nosas mans deixar de maltratar a natureza.

Todo acto suma, todxs sumamos #somosuno

Agradecemos a participación na limpeza de varios espontánexs usuarixs do paseo marítimo 🙌, así como a cobertura dos medios de comunicación Xornal da Coruña La Voz de Galicia. Edición A Coruña Radio Galega Televisión de Galicia

NON É O NOSO LIXO, PERO SÍ É O NOSO PLANETA

https://www.facebook.com/reel/1766357970900970
Comparte :
¿Queres facerte socio?

Se eres unha persoa comprometida co medio ambiente e che gustaría aportar o teu gran de area por un mar máis limpo, non dubides en facerte socio de Mar de Fábula

Para donacións puntuales podes usar o noso número de conta mediante transferencia bancaria ao IBAN:

ES91 0049 7773 3028 1000 3297