Obxectivos
Mar de Fábula, visión e misión
Mar de Fábula é unha asociación sen ánimo de lucro que ten por obxectivo limpar a mar.
Para este fin, a asociación promoverá a recollida e retirada de todos os refugallos sólidos depositados na beiramar xa sexa polos temporais, polas correntes mariñas ou polos verquidos procedentes de terra, para evitar que volten á mar.
Este traballo será feito arreo todo ao longo do ano.
O meirande volume dos refugallos sólidos que contaminan a mar e o ecosistema mariño son materiais plásticos en todas as súas formas e tamaños. A medida que aumenta a súa degradación mecánica, os plásticos rómpense en anacos cada vez máis pequenos, facendo máis difícil ou imposible a súa recollida manual e facendo máis grande o seu impacto negativo no medio mariño.
Dende xa hai anos, moitas organizacións limpan de forma manual as costas dun número crecente de países nos cinco continentes. Mar de Fábula quere ser unha peza máis dentro desta maquinaria global que traballa para preservar a saúde dos océanos.
O eido de traballo da asociación cubrirá todo o litoral de Galicia pero nunha primeira fase, os traballos de limpeza se concentrarán nos areais e coídos da Costa da Morte.



No proceso de concienciación da ciudadanía, queremos transmitir a necesidade de asumir cada un de nos sin máis demora, unha postura activa na conservación da mar e do medioambiente mariño.
Manteremos contacto e cooperación con outras organizacións que teñan os mesmos obxetivos, tanto a nivel internacional como das comunidades autónomas costeiras de Estado Español e Portugal, a fin de conseguir no futuro unha acción conxunta para a limpeza da mar que baña as costas da Península Ibérica.
Para chamar a atención da ciudadanía de cara a estos obxetivos, a asociación Mar de Fábula organizará obradoiros de creación artística e artesanal en base á reutilización dos materiais plásticos seleccionados dos enormes volumes que, previsiblemente, chegaremos a almacenar nas nosas instalacións.
Noticias e novidades
Descubre todas as noticias e novidades que colgamos habitualmente no noso blog, onde poderás estar enterado de todo o que rodea a Mar de Fábula
Limpeza de lixo mariño na praia de Doniños. Ferrol. 16 febreiro 2025. O día despois.
Onte a mañá, 32 voluntarios dos 35 anotados, botándolle valor, comezaron ás 1100 horas a
Limpeza na Praia dos Muíños en Muxía
Hoxe, 15 valentes persoas, entre elxs, 3 nenxs, acudiron ao noso chamamento para limpar a
Limpeza de microplásticos na Praia das Salseiras cos escolares do CEIP de Caión. MARTES, 12 DE NOVEMBRO.
Este martes 12 de novembro de 2024, 22 alumnos e alumnas de 3º e 4º...
Proxecto ENTRE CREBAS. 11ª limpeza de lixo mariño na praia das Lapas.
Onte á mañá 17 persoas residentes no CIS, 2 funcionarias e 2 voluntarios de Mar...
Só para persoas comprometidas
Se che preocupa o medio ambiente e queres facer algo para que o mar permañeza limpo de plásticos e suciedade faite socio de Mar de Fábula e participa nas nosas limpezas por toda a costa galega