Mar de Fábula necesítate, faite socio xa!

Nunha nova etapa do camiño que estamos a facer na defensa do mar, Mar de Fábula fai un chamamento a todas as persoas que comparten os nosos obxectivos e a todos os voluntarios que durante anos teñen colaborado connosco nas limpezas de praias.


Faite socio de Mar de Fábula !
O procedemento é moi sinxelo e directo. Entra na nosa web : www.mardefabula.gal e baixo o epígrafe “faite socio” cumprimenta os apartados onde está fixada unha cota mínima de 20 euros /ano.
Necesitamos o voso apoio e participación asociativa nunha nova fase onde queremos afondar nos procesos de protección e recuperación da biodiversidade dos ecosistemas litorais da Costa da Morte.
Colabora con nós para dar máis pasos adiante na limpeza e coidado do mar !

Comparte :
¿Queres facerte socio?

Se eres unha persoa comprometida co medio ambiente e che gustaría aportar o teu gran de area por un mar máis limpo, non dubides en facerte socio de Mar de Fábula

Para donacións puntuales podes usar o noso número de conta mediante transferencia bancaria ao IBAN:

ES91 0049 7773 3028 1000 3297