Pola presente, en función das miñas facultades como presidente, convoco unha Asamblea Xeral Extraordinaria de Mar de Fábula para o sábado día 14 de xaneiro 2023, ás 1700 horas, a celebrar na sede da asociación en Camelle.
Esta Asamblea Xeral asumirá os contidos da Asamblea Ordinaria que, todos os anos no mes de xaneiro, ten lugar segundo obriga a lexilación vixente.
Orde do día :
- Estado de contas.
- Dimisión do actual presidente e elección de sustituto
- Breve apunte das actividades realizadas no 2022
- Breve apunte das actividades a realizar no 2023
- Potenciar xestións para novos socios
- Rogos e preguntas
Dende hoxe, 17 de decembro, ábrese o período de anuncio de candidaturas para aqueles socios/as de Mar de Fábula dispostos/as a recoller o testigo da presidencia da asociación, a dirección executiva da mesma e a súa dinámica diaria.
En boa lei, o proceso de anuncio de candidaturas deberá ter rematado o 31 de decembro,co fin de ter un tempo de xestión e delegación de votos, de maneira debidamente acreditada, daqueles socios/as que non podan asistir en persoa.
A elección da nova presidencia será realizada mediante un proceso democrático e secreto, resultando elexido o socio/a que acade os dous tercios dos votos asistentes.
Sen outro particular, un cordial saúdo.