Pola presente anunciamos a celebración da nosa próxima asamblea xeral de Mar de Fábula, que terá lugar o sábado, 27 de xaneiro de 2024, ás 17:00 horas, na nosa sede de Camelle. Nesta ocasión, reunirémonos para abordar as cuestións importantes que afectan ao noso amado entorno mariño tal e como a crise dos pellets e compartir ideas sobre como mellorar a nosa contribución na preservación das nosas costas. A continuación amosámosvos a orde do día da devandita asamblea:
Orde do día :
- Estado de contas.
- Ampliación Xunta Directiva.
- Breve apunte das actividades realizadas no 2023.
- 15 actividades ambientais con centros de ensino en Camelle.
- 1 limpeza praia da Concha, Cee con escolares. Avaliación do seu BEA
- 1 limpeza con voluntarios praia de Gures, Cee.
- 5 limpezas a flote porto de Camariñas.
- 1 visita a Camelle de persoas de ANPANXOGA
- 1 visita a Camelle de persoas internas do CIS da Coruña.
- Breve apunte das actividades a realizar no 2024.
- 12 actividades ambientais con centros de ensino en Camelle.
- 4 limpezas de praia para avaliación do seu BEA.
- 2 actividades formación de persoas internas do CIS na Coruña
- 12 limpezas da praia das Lapas na Coruña con persoas internas do CIS.
- 2 actividades ambientais con centros de menores.
- Limpezas de praias na Costa da Morte.
- Limpezas de praias na área da Coruña.
- Limpezas de praia na zona de Ferrol.
- Rogos e preguntas.