Proxecto ENTRE CREBAS. 11ª limpeza de lixo mariño na praia das Lapas.

Onte á mañá 17 persoas residentes no CIS, 2 funcionarias e 2 voluntarios de Mar de Fábula realizamos  a limpeza nº 11 na praia das Lapas (O Areal da Torre) dentro do proxecto ENTRE CREBAS. 

De  vagar, mes a mes, imos achegándonos a decembro, tempo de conclusión deste proxecto. Contaremos ao final 12 meses e 12 accións ambientais de recollida de residuos mariños neste fermoso recuncho da costa que terán servido para crear espíritu, sentirse ben  e reforzar a autoestima entre os seus protagonistas ao tempo que terán aliviado a contaminación do mar. 

Nesta ocasión, a colleita de lixo mariño foi como sigue:

PLÁSTICO/POLIESTIRENO

  • Aparellos de pesca = 5
  • Anacos poliestireno = 18
  • Anacos plástico +/- 2,5 cm = 75

PAPEL/CARTÓN

  • Cabichas = 91

VIDRO

  • Anaquiños de vidro =330

RESIDUOS HIXIÉNICO-SANITARIOS

  • Toalliñas húmidas = 20

OUTRAS FRACCIÓNS

  • (Textil, cerámica, ferro) = 39
  • 1 fouciño enferruxado 

TOTAL RESIDUOS = 579

Comparte :
¿Queres facerte socio?

Se eres unha persoa comprometida co medio ambiente e che gustaría aportar o teu gran de area por un mar máis limpo, non dubides en facerte socio de Mar de Fábula

Para donacións puntuales podes usar o noso número de conta mediante transferencia bancaria ao IBAN:

ES91 0049 7773 3028 1000 3297