Hoxe, case 100 persoas de diversos colectivos ( Aspronaga Asociación, Fundacion Erguete-Integracion, CEEPR Lourdes, CP Teixeiro e CIS Coruña), realizamos unha acción pola defensa dos océanos na praia de Riazor, Concello da Coruña. Unha areal que é obxectivo xa non só do lixo mariño senón tamén, do lixo procedente do fermoso paseo marítimo da cidade.
Despois das palabras de introducción e benvida por parte de Rosaura (F.Érguete) e Virxinia (Mar de Fábula), procedimos ca limpeza da praia co seguinte resultado:
PLÁSTICO/POLIESTIRENO
- 45 anacos de plástico grande > 10 cm.
- 150 cordas pequenas e chicotes da pesca
- 11 anacos de nasas
- 8 paos plásticos bateas mexillón
- 10 anacos porexpan
- 22 botellas de plástico
PAPEL/CARTÓN
- 1.226 cabichas
- 8 restos paquetes tabaco
- 12 servilletas papel
METAL
- 25 latas bebidas
RESIDUOS HIXIÉNICO-SANITARIOS
- 68 Bastonciños algodón das orellas
- 10 restos toalliñas húmidas
TOTAL = 1.595 RESIDUOS // 27kg.
OBSERVACIÓNS :
Todos os residuos foron apañados na beira do mar, directamente na area ou entre os argazos pero todos recén devoltos e lavadiños polas augas. Para nada as mans destas persoas vulnerables tocaron a ́cabeceira do areal, ao carón do paseo marítimo, zona sucia e
degradada, cheo de cabichas, que pronto será pasto das máquinas que xa quentan os seus motores de cara ao San Xoán. Para minimizar o impacto desta festa, suxerimos ao Concello da Coruña, a incorporación de voluntariado aos seus efectivos, que vele polo destino dos residuos xerados e así aforrarnos, na medida do posiblemente humán, as imaxes que todxs temos na retina do post-San Xoán.
Tras a caracterización do lixo, tivo lugar o acto simbólico de facer unha cadea humana e pasarnos de man e man o planeta TERRA, representado por unha gran bola. Transmitimos así, a mensaxe de que está nas nosas mans deixar de maltratar a natureza.
Todo acto suma, todxs sumamos #somosuno
Agradecemos a participación na limpeza de varios espontánexs usuarixs do paseo marítimo , así como a cobertura dos medios de comunicación Xornal da Coruña La Voz de Galicia. Edición A Coruña Radio Galega Televisión de Galicia
NON É O NOSO LIXO, PERO SÍ É O NOSO PLANETA



