Breve resumo do VIII Encontro Internacional do Lixo Mariño

Finalizamos hoxe, dous días intensos e froitíferos que nos serviron para coñecer os estudos de Manuel Arias do CSIC, quen, de maneira didáctica e accesible nos mostrou os datos resultantes dos avances das súas investigacións sobre a contaminación de mares, océanos e ríos a nivel mundial. Sí, a “cousa” vai a máis, polo que cada grao de area conta. Súmate ao CAMBIO.

Mar de Fábula presentamos o proxecto ” Entre Crebas” en colaboración co CIS Coruña, no que apostamos pola integración social e a implicación de colectivos vulnerables no coidado e custodia do medio ambiente.

Brigada do Mar , Mi Pueblo Limpio e Buceo Galicia, nos deron a coñecer heroicas limpezas nas que retiran inxentes cantidades de lixo. Loitas de David contra Goliath.

Surfrider Foundation e Surfistas Vigilantes del Mar amosáronnos estratexias para implicar ao conxunto da sociedade a tomar acción.

Coñecimos os proxectos vitais de Vivir sin plástico e de Plasticus maritimus, tan interesantes como necesarios para remover conciencias.

Breve Resumo Do Viii Encontro Internacional Do Lixo Mariño 1

Ardora Formación y Servicios S. Coop. Galega, presentaron o seu proxecto no que as mulleres e os homes do mar son xs protagonistas.

Javier Ares (JAPI), de Polaris Menorca agasallounos cas súas experimentadas palabras como “persoa histórica” na defensa da natureza.

Mencionamos á Fundación Starlight, dende a que se está a traballar en contra da contaminación lumínica que tanto afecta a todas as especies que habitamos este único e fermoso planeta. #ODS18 Protección do ceo.

Hoxe domingo, visitamos o obradoiro de RetoqueRetro , quen conxuntamente co CEIDA – Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia e a nosa asociación, vimos de organizar este encontro no tan bonitiño Castelo de Santa Cruz, Concello de Oleiros .

Un perfecto punto e final esta visita, cheo de luz, maxia e arte (con plásticos retirados das praias), necesarios para continuar co noso obxectivo, loitar contra a contaminación dos plásticos.

Moitas gracias a todxs xs asistentes e axs participantes por asistir i existir, pola vosa labor de divulgación, sensibilización e compromiso por un mundo mellor.

NON É O NOSO LIXO, PERO SÍ É O NOSO PLANETA.🌏

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable: ASOC MAR DE FABULA.
  • Finalidad:  Moderar los comentarios.
  • Legitimación:  Por consentimiento del interesado.
  • Destinatarios y encargados de tratamiento:  No se ceden o comunican datos a terceros para prestar este servicio. El Titular ha contratado los servicios de alojamiento web a WP Nordés que actúa como encargado de tratamiento.
  • Derechos: Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional: Puede consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

¿Queres facerte socio?

Se eres unha persoa comprometida co medio ambiente e che gustaría aportar o teu gran de area por un mar máis limpo, non dubides en facerte socio de Mar de Fábula

Para donacións puntuales podes usar o noso número de conta mediante transferencia bancaria ao IBAN:

ES91 0049 7773 3028 1000 3297