“Camariñas, a perla da limpeza ambiental na Costa da Morte” – Limpeza nas praias de Reira – domingo, 1 de xuño 2025

O vindeiro domingo día 1 de xuño levaremos adiante a primeira acción ambiental dentro da campaña “CAMARIÑAS, A PERLA DA LIMPEZA AMBIENTAL DA COSTA DA MORTE”, campaña a realizar xunto co concello de Camariñas e cuxo obxectivo último é despertar o orgullo da veciñanza desta vila mariñeira para que coiden o seus espazos comúns e patrimonio ambiental: rúas, paseos marítimos e o mar que nos rodea, para que vivamos en equilibrio, armonía e respecto coa privilexiada riqueza que nos ten concedido a natureza.

Ao tempo que realizamos a limpeza e avaliamos o BEA desta praia, poñeremos en xogo as coordendas sinaladas por Mateo, investigador e máximo experto no estudo da caramiña ( corema album), para identificar e respetar este arbusto que da nome á vila e o seu froito nome a esta campaña.

Día e hora da limpeza :

  • Domingo 1º de xuño ás 1100 horas.
  • Lugar de encontro : Aparcamento diante do areal grande
  • Mar de Fábula levará todo o material necesario.

A efectos das cobertura obrigatorias de seguros cómpre apuntarse con nome, apelidos e DNI no correo : info@mardefabula.gal ou chamando ao tlfno : 608609042

Vémonos o domingo. Contaremos coa colaboración loxística do Concello de Camariñas

NON É O NOSO LIXO, PERO SÍ É O NOSO PLANETA

Cartel camariñas a perla ambiental
¿Queres facerte socio?

Se eres unha persoa comprometida co medio ambiente e che gustaría aportar o teu gran de area por un mar máis limpo, non dubides en facerte socio de Mar de Fábula

Para donacións puntuales podes usar o noso número de conta mediante transferencia bancaria ao IBAN:

ES91 0049 7773 3028 1000 3297