Avaliación do Bo Estado Ambiental da praia de Laxe

Seguindo o fío conductor da experiencia de onte na praia da Ermida, esta mañá, coa participación de 52 alumnos/as de 2º,3º e 4º de primaria e de catro profesoras do CEIP Cabo da Area e contando coa presencia inicial dun técnico do Galp Costa da Morte, entidade pública patrocinadora desta iniciativa ambiental, temos procedido á avaliación do Bo Estado Ambiental da praia de Laxe segundo o criterio establecido polos expertos da Comisión Europea, de non superar os 20 items ( residuos) iguais ou superiores a 2,5 cm de tamaño por cada 100 metros de lonxitude para que unha praia do litoral europeo poda acadar a categoría de ter un Bo Estado Ambiental.

A espléndida praia urbana de Laxe, con case 1.500 metros de lonxitude, era tarefa excesiva a deixar nas mans de 52 cativiños a pesar do seu enorme entusiasmo. Tres días antes, a equipa de Mar de Fábula monitorizara 600 metros da praia, o 50% en cada extremo, cos que sumados aos 500 metros de hoxe reservados aos escolares, chegouse a cubrir un 75 % da lonxitude da praia, sendo pois razoable, por extensión, aplicar o resultado da experiencia ao total da praia.

A colleita e conclusión desta proba europea, despois de 1h e 30 m de limpeza e caracterización do lixo mariño, foi o seguinte :


  • Anacos de plástico ríxido = 29
  • Anacos plástico blando = 12
  • Paos plástico bateas do mexillón = 11
  • Botellas, latas, envases plástico = 15
  • Cordas e cordeis = 250
  • Bolsas enghado pulpo e aparellos = 32
  • Tapóns plástico = 21
  • Roupa/textil = 4
  • Botellas vidro = 4
  • Madeira procesada = 17
  • Máscaras = 3
  • Cabichas = 93
  • Bastonciños algodón = 13

Total residuos na praia = 504
Total residuos da pesca = 58%
Total residuos cada 100 metros de praia = 46

Observacións :

  • Estos resultados melloran con moito a avaliación feita o día anterior na praia da Ermida e achéganse de maneira notable ao obxectivo marcado pola Comisión Europea de 20 items/100 metros. Unha explicación deste resultado positivo pode ser, segundo falábamos coas profesoras, o manteñemento que eles mesmos fan da praia con saídas frecuentes do alumnado para a recollida de lixo mariño, gracias á ubicación privilexiada deste centro de ensino a carón do areal.
  • Agradecemos a dinámica prticipación dos cativiños, a colaboración das profesoras/es, o interés do Galp Costa da Morte e o apoio loxístico do concello de Laxe situando 2 containers para o depósito das fraccións respectivas do lixo apañado.
Comparte :

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable: ASOC MAR DE FABULA.
  • Finalidad:  Moderar los comentarios.
  • Legitimación:  Por consentimiento del interesado.
  • Destinatarios y encargados de tratamiento:  No se ceden o comunican datos a terceros para prestar este servicio. El Titular ha contratado los servicios de alojamiento web a WP Nordés que actúa como encargado de tratamiento.
  • Derechos: Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional: Puede consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

¿Queres facerte socio?

Se eres unha persoa comprometida co medio ambiente e che gustaría aportar o teu gran de area por un mar máis limpo, non dubides en facerte socio de Mar de Fábula

Para donacións puntuales podes usar o noso número de conta mediante transferencia bancaria ao IBAN:

ES91 0049 7773 3028 1000 3297