Rematamos onte, 2 días de intensa actividade de LIMPEZAS, na mellor compañía, cxs amigxs da Brigada do Mar, que viñeron dende Lisboa, para AXUDAR nesta crise na que estamos inmersxs.
O venres, comezamos limpando o areal de Camelle, no que os pellets estaban moi mesturados co alghaso. Pola tarde, limpeza de pellets nas praias de Reira e achega aos coídos do Corno, na proocura de sacos entereiros pensando que o vento sur podería ter deitado, non atopamos os devanditos sacos, pero sí unha gran cantidade de lixo procedente ( a maior parte), do tráfico marítimo do Corredor de Fisterra entre todo elo, un anaco moi grande da toma de auga das piscifactorías.
O sábado, tal e como convocamos nas RRSS e nos medios, 40 persoas procedimos a limpar , de novo, as praias de Reira. Ao contar con medios (gracias ao Concello de Camariñas), rematamos cedo e decidimos a Brigada do Mar e Mar de Fábula, 8 persoas en total, achegarnos á praia de Nemiña para continuar a limpar.
Nemiña, no Concello de Muxía, é unha das grandes afectadas da zona, o voluntariado, leva días a limpar o areal de lixo mariño de todos os tamaños e PELLETS, moitíisimos. Na parte norte, moi difíciles de peneirar por estar debaixo de paos que tamén arrastra o mar. Na parte sur, na desembocadura do río Castro,moi afectada tamén, atopamos un saco enteiro!. Cada boliña de pellet é unha pequena bomba de contaminación, polo que, imaxinade a sensación de alegría máxima que resulta de quen rescata un saco deles.
Limpamos en Nemiña até a suba de marea coincidindo ca por do sol. Ao abandoar o areal, ollamos cara atrás, contemplado cómo o mar continuaba en cada onda, a deitar (ou vomitar), pellets de resina e demáis plásticos variados.
Moitas gracias a todxs xs voluntarixs que estades axudando, axs que acudiron ao noso chamamento e á Brigada do Mar, polo sentimento de responsabilidade compartida.
Unha vez máis, gracias ao concelleiro de medio ambiente do Concello de Camariñas, polo apoio loxístico e á alcaldesa, polo agarimoso recibimento axs amigxs da Brigada.