LIMPEZA NA PRAIA DE ESTORDE, CEE

O pasado sábado acudimos á praia de Estorde no Concello de Cee. Coñecedores un pouco do seu estado tras ver imáxenes previas, o que alí presenciamos ao chegar, resultou estar fóra de todos os parámetros nos 12 anos de actividade da nosa asociación. Aínda así, non é o único areal tan tremendamente afectado, tras o tren de borrascas deste inverno, moitos puntos da nosa costa galega se atopan nun estado semellante. Sobre todo, puntos que pola súa orientación, son castigados polos temporais do sudoeste. Tal é o caso da praia de Estorde.

Ao longo dunha xornada que algúns prolongamos até a tardiña, 28 persoas traballamos arrreo, sen descanso, como formigas, unidxs para descontaminar na medida das nosas posibilidades todo o que estivese nas nosas mans. Retiramos o máis grande, pero deixamos atrás, unha enorme cantidade de micro e mesoplásticos que precisan de maquinaria. Nos somos nada fans das limpezas mecánicas, sempre temos abogado polas limpezas manuais, pero en casos como este, son imprescindibles.

☢️ En total, retiramos case 4 toneladas de lixo pllástico: 3.957 kg, que depositamos en 5 contedores e 46 sacos estibados para a posterior retirada dos operarios do concello.

Salientamos desta limpeza: 1.028 paos de bateas partidos pola metade e 179 enteiros. Cacharros/polbeiras de plástico, biosoportes das depuradoras da zona (a miles)… estos produtos, poñen de manifesto a necesidade de nova lexisación e normas de control en diferentes ámbitos. As limpezas son parte da solución, pero non son o única saída, precisamos MEDIDAS URXENTES para atallar fontes de contaminación. Non podemos disociar o coidao da natureza da nosa propia saúde. #somosuno

Tras o vivido o sábado, pensamos de maneira reforzada que o coidado da natureza, debería de ser unha das prioridades nas axenda de quen nos goberna. Xunta de Galicia

Moitas gracias ao voluntariado‼️

Gracias ao Concello de Cee , polo apoio loxístico.

NON É O NOSO LIXO, PERO SÍ É O NOSO PLANETA 🌱🌍

LIMPEZA NA PRAIA DE ESTORDE, CEE
Comparte :
¿Queres facerte socio?

Se eres unha persoa comprometida co medio ambiente e che gustaría aportar o teu gran de area por un mar máis limpo, non dubides en facerte socio de Mar de Fábula

Para donacións puntuales podes usar o noso número de conta mediante transferencia bancaria ao IBAN:

ES91 0049 7773 3028 1000 3297