Limpeza na Praia dos Muíños en Muxía

Hoxe, 15 valentes persoas, entre elxs, 3 nenxs, acudiron ao noso chamamento para limpar a praia dos Muíños en Muxía. Baixo un orballo que nos colleu “cariño” e non nos soltou en toda a mañá, acometimos unha dura limpeza. Sacamos todo o lixo mariño do que fomos capaces, pero como vos podedes imaxinar e despóis de ver o panorama aí fóra, podemos asegurar que “tras os temporais, non ven a calma”, senón, “un curro que lo flipas”.

Animámosvos a sempre e cando a meteo o permita, saír á limpar á ribeira, de maneira individual ou en grupo. Cada vez somos máis as persoas que non queremos que se normalice vivir arrodeados de lixo. Súmate ao CAMBIO. A salientar nesta limpeza:

  • 68 bastonciños de algodón
  • 15 kg de cabos, cordas e chicotes
  • 5 kg de textil
  • 1 saco de 100 L con botellas e latas, separadas para a súa posible reciclaxe.
  • Multitude de anacos de plástico brando
  • 2 nasas

Como curiosidade ( e tras consulta ao noso biólogo de man), atopamos moita “crepidula fornicata”, un tipo de lapa invasora que ven do outro lado do Atlántico e que é unha peste para os bancos de marisco, xa que o perfora e o devora.

IMPORTANTE: nesta limpeza participamos no TARUGOTÓN, recollida simultánea nas praias de paos (tarugos), para a cría de mexillón, organizado por: limpiarousa , Surfrider España

I é aquí, cando ven o traballo duro nesta limpeza, xa que ademáis de atopar 1 dúcia de paos soltos, retiramos unha boa cantidade de liñas enteiras, nas que van incrustados os paociños. Según os nosos cálculos, en total: 325 TARUGOS.

Retirado todo da liña de marea, estibámolo en 2 montóns para a posterior recollida polos operarios do Concello de Muxía , a quen agradecemos o apoio loxístico.

Moitas gracias a todxs xs voluntarixs polo esforzo e implicación.

NON É O NOSO LIXO, PERO SÍ É O NOSO PLANETA.

Comparte :

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable: ASOC MAR DE FABULA.
  • Finalidad:  Moderar los comentarios.
  • Legitimación:  Por consentimiento del interesado.
  • Destinatarios y encargados de tratamiento:  No se ceden o comunican datos a terceros para prestar este servicio. El Titular ha contratado los servicios de alojamiento web a WP Nordés que actúa como encargado de tratamiento.
  • Derechos: Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional: Puede consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

¿Queres facerte socio?

Se eres unha persoa comprometida co medio ambiente e che gustaría aportar o teu gran de area por un mar máis limpo, non dubides en facerte socio de Mar de Fábula

Para donacións puntuales podes usar o noso número de conta mediante transferencia bancaria ao IBAN:

ES91 0049 7773 3028 1000 3297