Finalmente 12 persoas voluntariosas limpamos hoxe os coídos de Reira. O tempo atmosférico aliouse con nos e poidemos traballar sen contratempos.
Este é o resultado da limpeza:
- 16 sacos de 100 L co seguinte contido: infinidade de anacos de porexpan, botellas de auga, envases de comida e bebida, anacos de caixas, botas de auga, aparellos de pesca, cabos de todos os tamaños, paos de batea de mexillón, un bidón, plástico duro e brando de todos os tamaños, etc…
- Unha estacha de 14 m.
A estadística que todxs manexamos da relación terra/ mar da orixe do lixo mariño dí que o 80 % procede de terra, e o 20% procede do mar. Esta estadística non vale para lugares como o de hoxe , onde a actividade pesqueira e marítima é a predominante.
Sospeitamos que case todo o lixo retirado procede da actividade no corredor marítimo de Fisterra que despóis do estreito de Xibraltar é o segundo punto con maior tráfico da España.
O corredor, consta de catro canais para a navegación, estando o máis próximo á costa á 22 millas (40,7 km).
O anexo V do convenio MARPOL ( CONVENIO INTERNACIONAL PARA PREVIR A CONTAMINACIÓN POLOS BUQUES), prohíbe tirar a mares e océanos todo o lixo plástico que hoxe retiramos.
Para evitar que isto suceda a única maneira é o control e xestión nos propios buques dos seus residuos.
Moitos envases de produtos están escritos en inglés, chino. árabe, turco, etc..o que está a converter o mar nun GRAN BAZAR INTERNACIONAL DE LIXO.
Nota positiva: rescatamos moitas pezas para ser reutilizadas nos nosos obradoiros ca rapazada.
Moitas gracias axs voluntarixs que acudiron ao noso chamamento! Gracias ao Concello de Camariñas polo apoio loxístico. Non é o noso lixo pero sí é o noso planeta.