Limpeza nas praias de Reira, 17 de marzo e 2024

Finalmente 12 persoas voluntariosas limpamos hoxe os coídos de Reira. O tempo atmosférico aliouse con nos e poidemos traballar sen contratempos.

Este é o resultado da limpeza:

  • 16 sacos de 100 L co seguinte contido: infinidade de anacos de porexpan, botellas de auga, envases de comida e bebida, anacos de caixas, botas de auga, aparellos de pesca, cabos de todos os tamaños, paos de batea de mexillón, un bidón, plástico duro e brando de todos os tamaños, etc…
  • Unha estacha de 14 m. 

A estadística que todxs manexamos da relación terra/ mar da orixe do lixo mariño dí que o 80 % procede de terra, e o 20% procede do mar. Esta estadística non vale para lugares como o de hoxe , onde a actividade pesqueira e marítima é a predominante.

Sospeitamos que case todo o lixo retirado procede da actividade no corredor marítimo de Fisterra que despóis do estreito de Xibraltar é o segundo punto con maior tráfico da España.

O corredor, consta de catro canais para a navegación, estando o máis próximo á costa á 22 millas (40,7 km).

O anexo V do convenio MARPOL ( CONVENIO INTERNACIONAL PARA PREVIR A CONTAMINACIÓN POLOS BUQUES), prohíbe tirar a mares e océanos todo o lixo plástico que hoxe retiramos.

Para evitar que isto suceda a única maneira é o control e xestión nos propios buques dos seus residuos.

Moitos envases de produtos están escritos en inglés, chino. árabe, turco, etc..o que está a converter o mar nun GRAN BAZAR INTERNACIONAL DE LIXO.

Nota positiva: rescatamos moitas pezas para ser reutilizadas nos nosos obradoiros ca rapazada.

Moitas gracias axs voluntarixs que acudiron ao noso chamamento! Gracias ao Concello de Camariñas polo apoio loxístico. Non é o noso lixo pero sí é o noso planeta.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable: ASOC MAR DE FABULA.
  • Finalidad:  Moderar los comentarios.
  • Legitimación:  Por consentimiento del interesado.
  • Destinatarios y encargados de tratamiento:  No se ceden o comunican datos a terceros para prestar este servicio. El Titular ha contratado los servicios de alojamiento web a WP Nordés que actúa como encargado de tratamiento.
  • Derechos: Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional: Puede consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

¿Queres facerte socio?

Se eres unha persoa comprometida co medio ambiente e che gustaría aportar o teu gran de area por un mar máis limpo, non dubides en facerte socio de Mar de Fábula

Para donacións puntuales podes usar o noso número de conta mediante transferencia bancaria ao IBAN:

ES91 0049 7773 3028 1000 3297