Proxecto Entre Crebas – 10ª Limpeza de lixo mariño na Praia das Lapas

O pasado mércores 3 de outubro levamos adiante a limpeza nº10 dentro do proxecto ENTRE CREBAS, proxecto de colaboración entre o CIS (Centro de Inserción Social ) da Coruña e Mar de Fábula, cuxo obxectivo é realizar unha limpeza mensual   na praia das Lapas durante 12 meses coas persoas voluntarias residentes no CIS.

Neste camiño comezado en outubro do 2023, fixemos unha parada este pasado sábado nas instalacións do CEIDA no Castelo de Santa Cruz Oleiros, co fin de presentar unha ponencia do realizado até agora  dentro  do VIII Encontro Internacional do Lixo Mariño, acontecemento que vimos celebrando de maneira continuada dende hai 8 anos.

Despois da limpeza nº12 a realizar a comezos de decembro e como fin do proxecto, faremos unha gran celebración nas instalacións do CIS para presentar os resultados finais desta singular iniciativa ambiental de ciencia cidadán na que as persoas residentes do CIS foron e son os verdadeiros protagonistas.

Nesta limpeza  nº10, na que participaron 19 voluntarios, o resultado da colleita de lixo foi a seguinte :

PLÁSTICO POLIESTIRENO

  • Cordas = 18
  • Aparellos pesca = 12
  • Anacos poliestireno = 28
  • Anacos plástico +/-2,5 cm. = 256

PAPEL/CARTÓN

  • Cabichas = 180

VIDRO

  • Anaquiños de vidro = 250

RESIDUOS-HIOXIÉNICO-SANITARIOS

  • Bastonciños algodón = 8
  • Toalliñas húmidas = 3

OUTRAS FRACCIÓNS 

(metal, textil, madeira procesada, cerámica ) = 30

TOTAL RESIDUOS = 785

Observación: Masas de algas arrincadas do fondo polo mal tempo nesta época do ano, chamadas “cachoupa”  na zona de Fisterra segundo un dos participantes, cubrían nesta ocasión unha ampla zona da liña de marea, agochando. seguro!! máis anacos de lixo pero nunca remexemos no arghasso.  Non remataríamos nunca. Apañamos só o  que está patente á vista. Xa que logo, falamos de mínimos.

Comparte :
¿Queres facerte socio?

Se eres unha persoa comprometida co medio ambiente e che gustaría aportar o teu gran de area por un mar máis limpo, non dubides en facerte socio de Mar de Fábula

Para donacións puntuales podes usar o noso número de conta mediante transferencia bancaria ao IBAN:

ES91 0049 7773 3028 1000 3297