Proxecto ENTRE CREBAS, coidando a Praia das Lapas

No pasado luns día 20 do cte., o CIS da Coruña e Mar de Fábula inaguraron, cunha primeia limpeza,  o proxecto  ENTRE CREBAS (Coidando a praia das Lapas), unha colaboración que pretende  formar ás persoas residentes do CIS en materia medio ambiental, respeto ao entorno e responsabilidade no coidado do mesmo.

Unha vez ao mes, persoal do CIS e de Mar de Fábula acompañarán ás persoas participantes para facer unha limpeza na praia das Lapas, ubicada xusto enfrente do Centro de Inserción Social.

Trátase de facer o seguimento e análise, con frecuencia mensual, do lixo mariño que o mar nos devolve na praia das Lapas, esa pequena porta aberta ao océano que nos achega, nas súas liñas de marea, unha ampla mostra de todos os refugallos que veñen dese grande supermercado do lixo que temos feito do mar.

Nesta primeira limpeza, coa participación de doce persoas do CIS máis dúas    de Mar de Fábula, durante dúas horas de traballo do proceso completo, a colleita de lixo mariño foi a seguinte:

Plásticos/Poliestireno:

  • Bolsas da compra e envoltorios varios = 19
  • Botellas bebida = 13
  • Tapas e tapóns 104
  • Embalaxes, láminas plástico = 77
  • Espumas sintéticas = 16
  • Aparellos pesca = 26
  • Cordas = 31
  • Pezas plástico 2,5-50 cm (Palillos bateas mexillón) = 5

Gomas:

  • Solas zaapatos, chanclas = 15

Roupa-Textil:

  • Anacos telas, tapicería = 18

Papel-cartón :

  • Cabichas = 15
  • Madeira traballada :
  • Tablas de palets = 8
  • Pezas madeira <50 cm = 6
  • Pezas madeira > 50 cm = 4

Metal :

  • Latas bebida = 29

Vidro :

  • Anacos vidro = 9
  • Residuos hixiénico-sanitarios :
  • Bastonciños de algodón = 42

Residuos médicos:

  • Blister pastillas = 2

PESO TOTAL = 39 kgs.

Comparte :

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable: ASOC MAR DE FABULA.
  • Finalidad:  Moderar los comentarios.
  • Legitimación:  Por consentimiento del interesado.
  • Destinatarios y encargados de tratamiento:  No se ceden o comunican datos a terceros para prestar este servicio. El Titular ha contratado los servicios de alojamiento web a WP Nordés que actúa como encargado de tratamiento.
  • Derechos: Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional: Puede consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

¿Queres facerte socio?

Se eres unha persoa comprometida co medio ambiente e che gustaría aportar o teu gran de area por un mar máis limpo, non dubides en facerte socio de Mar de Fábula

Para donacións puntuales podes usar o noso número de conta mediante transferencia bancaria ao IBAN:

ES91 0049 7773 3028 1000 3297