Proxecto ENTRE CREBAS. Coidando a praia das Lapas. Limpeza nº 4

O pasado mércores 21 de febreiro fixemos a limpeza nº4 na praia das Lapas dentro do proxecto ENTRE CREBAS, proxecto reparador que ten por obxectivo formar ás persoas residentes do CIS en materia medio ambiental, respecto ao entorno e responsabilidade no coidado do medio mariño.

Unha vez ao mes e durante un ano, membros do CIS e de Mar de Fábula acompañarán ás persoas participantes para facer unha limpeza na praia das Lapas, situada xusto ao pé do Centro de Inserción Social.

Trátase de facer un seguimento e análise, con frecuencia mensual, do lixo mariño que o mar nos devolve nesta fenda da costa, esa pequena porta aberta ao océano que nos achega, coma un imán, unha ampla mostra dos refugallos que aboian nese grande supermercado do lixo que temos feito do mar.

Nesta cuarta limpeza participaron 10 persoas residentes do CIS, unha educadora da institución e dous socios de Mar de Fábula. Durante 2 horas de traballo de recollida, clasificación e cómputo do lixo, o resultado da colleita foi o seguinte:

Fracción PLÁSTICO /POLIESTIRENO

  • Anacos de bolsas, envoltorios varios, blandos = 23
  • Espumas sintéticas = 13
  • Pezas plástico arredor 2,5 cm. = 160
  • Aparello de pesca = 13
  • Centos de microplásticos.
  • Fracción ROUPA/TEXTIL
  • Anacos telas = 26

Fracción Papel/Cartón

  • Cabichas = 75
  • Fracción METAL
  • Papel de aluminio = 8
  • Fracción VIDRO
  • Anacos de vidro = 85

Fracción CERÁMICA 

  • Material de construcción, entullo = 15

Fracción RESIDUOS HIXIÉNICOS-SANITARIOS

  • Bastonciños de algodón = 6
  • Toalliñas/salvaslips = 105
  • Blister pastillas = 4

TOTAL =  533 items+centos de microplásticos.

Proxecto Entre Crebas Coidando A Praia Das Lapas 00004
Comparte :

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable: ASOC MAR DE FABULA.
  • Finalidad:  Moderar los comentarios.
  • Legitimación:  Por consentimiento del interesado.
  • Destinatarios y encargados de tratamiento:  No se ceden o comunican datos a terceros para prestar este servicio. El Titular ha contratado los servicios de alojamiento web a WP Nordés que actúa como encargado de tratamiento.
  • Derechos: Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional: Puede consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

¿Queres facerte socio?

Se eres unha persoa comprometida co medio ambiente e che gustaría aportar o teu gran de area por un mar máis limpo, non dubides en facerte socio de Mar de Fábula

Para donacións puntuales podes usar o noso número de conta mediante transferencia bancaria ao IBAN:

ES91 0049 7773 3028 1000 3297