Queridos socios e amigos, é un pracer convocarvos á nosa vindeira Asemblea Xeral Ordinaria, que terá lugar o sábado 24 de xaneiro de 2026 ás 17:00 horas. Este encontro anual é fundamental para revisar xuntos o estado de contas e a xestión da asociación, pero sobre todo para poñer en valor o esforzo colectivo que realizamos na defensa e coidado do noso mar.
Como poderedes ler en detalle na orde do día que reproducimos máis abaixo, pechamos un 2025 de inmensa actividade no que logramos realizar un total de 50 limpezas de praia. Foi un ano moi produtivo onde, ademais da recollida de residuos, centrámonos na educación ambiental con centros de ensino e na colaboración social con colectivos vulnerables e institucións como o CIS.
Finalmente, nesta xuntanza tamén presentaremos as liñas de actuación para o 2026, que inclúen a continuidade dos obradoiros en Camelle e novos retos como o proxecto “Camariñas, a perla da limpeza ambiental”. Convidámosvos a ler o documento completo a continuación e agardamos contar coa vosa asistencia e participación para seguir medrando xuntos.
ORDE DO DÍA ASAMBLEA XERAL
Data: Sábado, 24 xaneiro 2026.
Hora: 17:00 horas.
1.- Estado de contas. 2.- Xestión de socios.
3.- Actividades realizadas no 2025:
Educación e Sensibilización:
- 12 actividades con centros de ensino en Camelle con subvención da D.P.
- 2 actividades con centros de ensino fóra da subvención da D.P.
- 4 obradoiros con lixo plástico en Camelle (xullo e agosto) + fábula distópica.
- 3 Charlas en parroquias campaña “Camariñas a perla da limpeza ambiental na Costa da Morte”: Camariñas (10/10), Camelle (30/10) e A Ponte (13/11).
- Presentación na sede de Mar de Fábula da obra de Branca Vilela “Ultreia no Camiño Inglés” (28 de agosto).
Actividades con Colectivos Vulnerables:
- 6 limpezas na praia de San Amaro en colaboración co CIS (Datas: 29/01, 26/02, 26/03, 30/04, 28/05, 24/09) + charla de concienciación ambiental e obradoiro artístico CIS.
- 2 actividades Fundación ENKI (As Lapas 28/04 e Visita Camelle 13 xullo).
- 1 visita a Camelle da asociación PASENIÑO de Cee (15 de xullo).
- 1 visita a Camelle da asociación ÍNTEGRO (28/11).
Limpezas de Praia e Medioambientais (Total 50 limpezas):
- 4 limpezas de praia e avaliación do seu BEA (2 na Area da Vila+Reira+Lourido).
- 1 limpeza praia de Doniños, Ferrol en colaboración coa SGHN e TAT (12 febreiro).
- 1 limpeza coídos Camariñas (Castelo Soberano, O Pindo, Boliños da Fortuna) (7/02).
- 1 limpeza praia dos Muiños, Muxía (12 xaneiro).
- 1 limpeza praia das Salseiras, Caión (4 febreiro).
- 1 limpeza en praias de Coroso e Río Azor. Colaboración Noia Limpa (febreiro).
- 1 Limpeza Museo de Man, Camelle (9 marzo).
- 1 limpeza praia do Rostro, Fisterra (16 de marzo).
- 1 Limpeza Coído do Corno, Camariñas (29 marzo).
- 1 Limpeza praia de Langosteira, Fisterra (6 abril).
- 1 Limpeza praia de Bens, A Coruña (26 abril). Patrocinio REFIX.
- 1 Limpeza coídos de Santa Mariña, Camariñas (11 maio).
- 1 Limpeza coído de Touriñán, Muxía (25 maio).
- 1 Limpeza praia de Riazor. Día dos Océanos (8 xuño). Participan CIS, cárcere de Teixeiro, asociación ASPRONAGA da Coruña.
- 1 Limpeza praia do Trece, Camariñas (14 xuño).
- 1 Limpeza praia do Lago, Muxía (17 xuño).
- 1 Limpeza praia do Trece con Quique Bolsitas e Ubuntu Life (30 xullo).
- 1 Limpeza praia de Nemiña, Muxía (13 agosto).
- 1 Limpeza na praia do Lago, Camariñas (5 outubro).
- 1 Limpeza praia da Arnela, Muxía (18 outubro).
- 1 Limpeza coídos de Santa Mariña, Camariñas (25 outubro).
- 1 Limpeza praia de Mar de Fora, Fisterra (2 novembro).
- 1 Limpeza praias da Cruz e Espiñeirido, Muxía (9 decembro).
Outros fitos e xestión económica:
- Unha viaxe a Tarragona da presidenta para recoller premio da UICN.
- Un obradoiro artístico con Temporada de Mar (12 novembro).
- Un obradoiro artístico con Aantena (15 decembro).
- Facturación a Instituciones Penitenciarias por actividades co CIS.
4.- Breve apunte das actividades previstas a realizar no ano 2026:
- 12 actividades ambientais con centros de ensino en Camelle.
- 4 obradoiros artísticos en Camelle nos meses de xullo e agosto.
- 4 limpezas e avaliación do BEA de praias seleccionadas.
- 4 actividades ambientais con persoas con Diversidade Funcional.
- 10 limpezas da praia das Lapas, Coruña, en colaboración co CIS.
- Limpezas de praia na Costa da Morte.
- Limpezas de praia na Área Metropolitana da Coruña.
- Limpezas de praia na zona de Ferrol.
- Desenvolver o proxecto psicolóxico-ambiental “Camariñas, a perla da limpeza ambiental na Costa da Morte”.