Avaliación do Bo Estado Ambiental da praia da Ermida, Ponteceso

Un dos principais indicadores da abundancia, composición e tendencia do lixo plástico no medio mariño é a cantidade de residuos que aparecen nas praias.

A Comisión Europea, na súa Directiva de Estratexia Marco para o Medio Mariño considera que unha praia do litoral europeo, non pode acumular máis de 20 items (residuos) cun tamaño igual ou superior a 2,5 cm. cada 100 metros de lonxitude de praia , para acadar a calificación de Bo Estado Ambiental.

Para levar adiante esta experiencia na praia da Ermida, contamos esta mañá con de 34 alumnos/as de 3º da ESO do instituto Eduardo Pondal de Ponteceso e tres profesoras acompañantes así como tamén coa presencia inicial do xerente do Galp Costa da Morte, entidade pública patrocinadora desta aplicación práctica da normativa europea nun areal do litoral da Costa da Morte, a priori, un dos que presentan mellor estado.

Nunha mañá espléndida de ceo aberto e vento en calma, durante 1 h e 45 minutos entre a limpeza e clasificación ,os estudantes cubriron os 250 metros de lonxitude do areal, apañando todo o lixo plástico patente á vista, sen remexer na area nen no argazo.

O resultado da colleita foi o seguinte :


  • Anacos de plástico ríxido = 152
  • Anacos de cordas e cordeis = 533
  • Bolsas engado pulpo e aparellos = 51
  • Tapóns plástico = 31
  • Gomas = 5
  • Roupa/textil = 14
  • Madeira procesada = 8
  • Máscaras covid = 3
  • Bastonciños algodón = 11
  • Cabichas = 18
  • Espumas sintéticas = 3

Total residuos na praia = 829
Total porcentaxe residuos da pesca =70%
Total residuos cada 100 metros de praia = 332

Observacións :

  • O obxectivo marcado polos expertos da Comisión Europea, hoxe por hoxe, neste areal, é unha utopía.

Agradecemos a inapreciable colaboración das profesoras na coordinación da actividade e o apoio loxístico do Concello de Ponteceso.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable: ASOC MAR DE FABULA.
  • Finalidad:  Moderar los comentarios.
  • Legitimación:  Por consentimiento del interesado.
  • Destinatarios y encargados de tratamiento:  No se ceden o comunican datos a terceros para prestar este servicio. El Titular ha contratado los servicios de alojamiento web a WP Nordés que actúa como encargado de tratamiento.
  • Derechos: Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional: Puede consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

¿Queres facerte socio?

Se eres unha persoa comprometida co medio ambiente e che gustaría aportar o teu gran de area por un mar máis limpo, non dubides en facerte socio de Mar de Fábula

Para donacións puntuales podes usar o noso número de conta mediante transferencia bancaria ao IBAN:

ES91 0049 7773 3028 1000 3297