Seguindo o fío conductor da experiencia de onte na praia da Ermida, esta mañá, coa participación de 52 alumnos/as de 2º,3º e 4º de primaria e de catro profesoras do CEIP Cabo da Area e contando coa presencia inicial dun técnico do Galp Costa da Morte, entidade pública patrocinadora desta iniciativa ambiental, temos procedido á avaliación do Bo Estado Ambiental da praia de Laxe segundo o criterio establecido polos expertos da Comisión Europea, de non superar os 20 items ( residuos) iguais ou superiores a 2,5 cm de tamaño por cada 100 metros de lonxitude para que unha praia do litoral europeo poda acadar a categoría de ter un Bo Estado Ambiental.
A espléndida praia urbana de Laxe, con case 1.500 metros de lonxitude, era tarefa excesiva a deixar nas mans de 52 cativiños a pesar do seu enorme entusiasmo. Tres días antes, a equipa de Mar de Fábula monitorizara 600 metros da praia, o 50% en cada extremo, cos que sumados aos 500 metros de hoxe reservados aos escolares, chegouse a cubrir un 75 % da lonxitude da praia, sendo pois razoable, por extensión, aplicar o resultado da experiencia ao total da praia.
A colleita e conclusión desta proba europea, despois de 1h e 30 m de limpeza e caracterización do lixo mariño, foi o seguinte :
- Anacos de plástico ríxido = 29
- Anacos plástico blando = 12
- Paos plástico bateas do mexillón = 11
- Botellas, latas, envases plástico = 15
- Cordas e cordeis = 250
- Bolsas enghado pulpo e aparellos = 32
- Tapóns plástico = 21
- Roupa/textil = 4
- Botellas vidro = 4
- Madeira procesada = 17
- Máscaras = 3
- Cabichas = 93
- Bastonciños algodón = 13
Total residuos na praia = 504
Total residuos da pesca = 58%
Total residuos cada 100 metros de praia = 46
Observacións :
- Estos resultados melloran con moito a avaliación feita o día anterior na praia da Ermida e achéganse de maneira notable ao obxectivo marcado pola Comisión Europea de 20 items/100 metros. Unha explicación deste resultado positivo pode ser, segundo falábamos coas profesoras, o manteñemento que eles mesmos fan da praia con saídas frecuentes do alumnado para a recollida de lixo mariño, gracias á ubicación privilexiada deste centro de ensino a carón do areal.
- Agradecemos a dinámica prticipación dos cativiños, a colaboración das profesoras/es, o interés do Galp Costa da Morte e o apoio loxístico do concello de Laxe situando 2 containers para o depósito das fraccións respectivas do lixo apañado.