Dentro das actividades programadas no proxecto Arte do Mar presentado por Mar de Fábula ao Galp Costa da Morte na convocatoria de axudas do ano 2021, está contemplada a presentación dunha conferencia divulgativa sobre os valores naturais e ambientais da Costa da Morte.
Esta conferencia, con formato de charla coloquio, terá lugar no Museo de Man de Camelle o sábado 24 de setembro ás 1200 horas e será impartida polo doutor en bioloxía Álvaro Barros López, experto en aves mariñas baixo o título “ENTRE FURNAS E ILLAS” (Aves de especial interese de conservación na Costa da Morte).
Efectuará a presentación do conferenciante D. Manuel Valeriano Alonso de León, Pichurri, exalcalde de Camariñas e socio de Mar de Fábula.
Convidamos a este acto de libre acceso a todas as persoas sensibilizadas na limpeza, protección e recuperación do medio mariño e costeiro deste anaco privilexiado do litoral galego que é a Costa da Morte.