Visita de Anpanxoga – Asociación Galega de Familias con Membros e Rapazada Xordos ao centro de actividades ambientais de Mar de Fábula en Camelle

O sábado 2 de setembro recibimos a visita de 30 persoas entre adultos e menores, asociados de ANPANXOGA ( Asociación Galega de Familias con Membros e Rapazada Xordos), acompañadas por dúas intérpretes da linguaxe de signos.

Seguindo o protocolo habitual que temos establecido para as visitas de colectivos, as familias participantes chegaron á praia de Camelle sobre as 1000 horas da mañán e foron recibidas por membros de Mar de Fábula.

Despois das palabras de benvida e descripcións das actividades a realizar ao longo da xornada, nunha espléndida mañán de ceo aberto e vento en calma, xs voluntarixs deron comenzo ao traballo de limpeza da praia, poñendo entusiasmo e atención para apañar o lixo plástico mesturado cos argazos ao longo da liñas de marea e centos de microplásticos.

Despois da limpeza, caracterización do lixo recollido e depósito nos respectivos contedores situados ao pé da praia, as familias visitantes desprazáronse nun corto paseo cara ás instalacións de Mar de Fábula. Aqui, logo da habitual charla interactiva sobre a contaminación do lixo plástico no mar, mostra empírica do quencemento global e visualización da fábula das criatura caóticas, todxs xs adultxs e nenxs ceibaron a súa imaxinación nun obradoiro de lixo plástico creando figuras e animais fántasticos.

Ao remate das actividades da mañá, das 14:00 a 15:30 horas, as familias organizaron e disfrutaron un picnic a carón da praia, nunha paisaxe en calma e acolledora, sempre de pano de fondo a formidable Serra de Pena Forcada.

Das 1600 a 1730 horas visita guiada ao Museo de Man e ao Museo-Xardín de Man. Sobre as 1745 horas partiron cos seus vehículos cara ao Faro Vilán – Camariñas

E así rematóu unha xornada chea de comunicación, sentimentos e amizade entre os que participamos neste encontro que difícilmente esqueceremos. Agradecemos a colaboración do Concello de Camariñas e da Asociación de Empresarios de Camariñas.

A colleita do lixo foi a seguinte :


Botellas de plástico e latas de bebidas = 19
Cabichas = 210
Anacos de textil = 8
Madeira procesada = 5
Botellas e anacos de vidro = 7
Cordas e cordeis = 210
Anacos de redes e aparellos de pesca = 26
Anacos de plástico ríxido = 31
Anacos de envases de plástico blando = 305 ( aprox.1kg).
Centos de anaquiños de plástico e mictoplásticos.
Cabos de amarre dos barcos = aprox 10 kgs.

Nada disto voltará ao mar.

Comparte :

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable: ASOC MAR DE FABULA.
  • Finalidad:  Moderar los comentarios.
  • Legitimación:  Por consentimiento del interesado.
  • Destinatarios y encargados de tratamiento:  No se ceden o comunican datos a terceros para prestar este servicio. El Titular ha contratado los servicios de alojamiento web a WP Nordés que actúa como encargado de tratamiento.
  • Derechos: Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional: Puede consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

¿Queres facerte socio?

Se eres unha persoa comprometida co medio ambiente e che gustaría aportar o teu gran de area por un mar máis limpo, non dubides en facerte socio de Mar de Fábula

Para donacións puntuales podes usar o noso número de conta mediante transferencia bancaria ao IBAN:

ES91 0049 7773 3028 1000 3297