Segundo a CLIA ( Cruise Line International Association ) que agrupa a máis do 95% das navieiras de cruceiros, 24 millóns de pasaxeiros disfrutaron dunha viaxe de lecer nos seus barcos no ano 2016. O ano 2017 calculan pechalo con 25,3 millóns de clientes. Non hai industria que medre máis axiña que a de meter millóns de persoas nestas cidades flotantes e levalas dun porto a outro ao tempo que devoran inxentes cantidades de comida as vintecatro horas do día ( hai que aproveitar o todo incluído).
E qué lle ocorre aos océanos cando tiras da cadea en calqueira destos buques cruceiros que navegan por todos os mares ?
Dacordo coa lexislación marítima internacional, Convenio Marpol Anexo IV, as augas negras tratadas ( as feces e ouriños dos W.C ), pódense verter directamente no mar, máis aló de 3 millas da costa. As augas negras non tratadas, pódense verter directamente no mar, a unha determinada velocidade, máis aló de 12 millas da costa.
A medida que os cruceiros medran en tamaño e luxo, tamén producen máis residuos. Recentemente, a Axencia de Protección Ambiental dos EE.UU. estimou que durante unha viaxe dunha semana, un cruceiro con capacidade para 3.000 pasaxeiros e tripulantes ( xa vai sendo dos pequenos) pode producir un fluxo arredor de 800.000 litros de augas negras, 3.800.000 litros de augas grises (cociñas, lavanderías, duchas…), 95.000 litros de augas oleaginosas de sentina, 568 litros de residuos peligrosos, 8 toneladas de residuos sólidos e unha cantidade difícil de calcular de contaminantes atmosféricos, o cal débese multiplicar polos máis de 300 cruceiros que actualmente navegan por todos os océanos os 365 días do ano.
De feito, calcúlase que estos barcos, constituíndo o 1% da flota marítima comercial, xeran o 77% da contaminación mariña en todo o mundo.
Os residuos das augas negras representan unha fonte de contaminación de sustancias patóxenas e tóxicas que de non ser tratadas axeitadamente poden ter un serio efecto na saúde humana, ademáis da perturbación e destrucción dos bancos pesqueiros e os ecosistemas mariños.
Sería bo que todo correra nesta cuestión como no “Harmony of the Seas”, o cruceiro- cidade – centro comercial flotante máis grande do mundo, construído para transportar 7.000 turistas e 2.000 tripulantes e que ten Barcelona coma porto base. Este cruceiro, segundo os seus propietarios, a naviera Royal Caribbean, está dotado dos máis modernos sistemas de depuración AWTS ( Advanced Waste Water Treatment System) o que lle permite descargar augas depuradas “potables” no mar. Outra cuestión é o seu consumo de 2.500.000 litros de fuel oil ao día, combustible altamente contaminante pero moito máis barato que o diesel. Este combustible está prohibido en terra polo seu nivel de xofre. O Harmony of the Seas contamina como 73.000 fogares de gran consumo ( Ecoloxístas en Acción).
Volvendo aos tratamentos de depuración das augas negras e das augas grises a bordo dos cruceiros, cal é a situación actual ?. Temos investigado para saber que porcentaxe da flota está dotada con estos modernos sistemas de depuración pero non temos tido resposta.
A publicidade da CLIA failles caer nas súas propias contradicións. Anuncian que os seus asociados son líderes no desenrolo dos sistemas AWTS e que, ao menos, 26 dos novos buques en construcción utilizarán AWTS e que un 50% dos novos cruceiros da próxima década utilizarán tamén AWTS. Qué quere ísto decir ? Que o resto dos barcos seguirán cos seus sistemas de tratamento mínimo das augas negras para aforrar cartos e optimizar os millonarios beneficios dos seus armadores.
Podemos deducir finalmente que as augas negras e grises, en función dunha lexislación totalmente obsoleta, poderánse seguir vertendo directamente nos océanos cun mínimo de tratamento, sempre que cumpran a anacrónica medida de estar a máis de 3 millas da costa.
Como mínimo, estas cidades flotantes deberan estar sometidas aos estandares de protección ambiental equivalentes aos que se aplican en terra para cidades do mesmo número de habitantes e similar volume de residuos.