Limpeza da praia de Barrañán e avaliaión do seu bo estado ambiental a 24 de marzo de 2024
Nesta mañá de domingo, baixo un sol espléndido e un nordés moderado, 18 persoas voluntarias, entre elxs o equipo da Escola Infantil O Berce E.I de Arteixo, fumos limpar a praia de Barrañán, Arteixo, para apañar a colleita de lixo mariño que os mares de inverno deixaron neste areal. Foi, ao mesmo tempo, unha viaxe de volta á […]
Limpeza nas praias de Reira, 17 de marzo e 2024
Finalmente 12 persoas voluntariosas limpamos hoxe os coídos de Reira. O tempo atmosférico aliouse con nos e poidemos traballar sen contratempos. Este é o resultado da limpeza: A estadística que todxs manexamos da relación terra/ mar da orixe do lixo mariño dí que o 80 % procede de terra, e o 20% procede do mar. […]