Avaliación do Bo Estado Ambiental da praia de Lago, Camariñas

Na mañá de onte 7 de xuño levamos adiante a terceira e última experiencia de avaliación do Bo Estado Ambiental de praias no litoral da Costa da Morte, baixo o patrocinio do Galp Costa da Morte e seguindo os parámetros fixados polos expertos da Comisión Europea que consideran que, unha praia calqueira do litoral europeo, para obter esta calificación, non debera presentar na súa area máis de 20 items, iguais ou superiores a 2,5 cm, por 100 metros lineais de praia.

Nesta ocasión foi a praia de Lago do concello de Camariñas de 350 metros de lonxitude a seleccionada. Contamos para este traballo coa colaboración de 29 alumnos de 4º da ESO e dous profesores do IES Terra de Soneira do concello de Vimianzo e a visita do xerente do Galp Costa da Morte.

Limpeza da praia de Lago en Camariñas
Limpeza da praia de Lago en Camariñas

A pouco de comezar a actividade ás 1030 horas, o vento feble da mañá foi aumentando de intensidade neste areal aberto aos sudoestes o que dificultou en gran maneira, unha hora e 20 minutos despois, a clásificación por fraccións e cómputo final do lixo apañado.

Coma sempre ocorre, un areal que a primeira vista parecía estar limpo, deu como resultado a seguinte colleita de refugallos contaminantes que nunca deberan ter chegado ao mar :


  • Anacos de plástico ríxido = 21
  • Paos plásticos das bateas do mexillón = 18
  • Envases e botellas plástico e latas = 14
  • Cordas, cordeis e aparellos pesca = 366
  • Tapóns plástico = 13
  • Roupa / textil = 5
  • Madeira procesada = 5
  • Solas zapato e 1 chancla = 3
  • Bastonciños algodón = 9
  • Cabichas = 12
  • Espumas sintéticas = 8
  • Gomas = 2
  • Vidro = 8 anacos
  • Resto na lona miniplásticos varios = 30
  • bolsa con plásticos blandos sen contar polo vento.

Total resíduos na praia = 514
Total residuos das pesca = 71 %
Total residuos por 100 metros de praia = 147 

Observacións:

  1. Este resultado, por 100 metros de praia, sitúase entre os 332 da praia da Ermida e os case incribles 46 da praia urbana de Laxe.
  2. Unha conclusión a tirar deste curto ensaio é que o valor de umbral fixado polos expertos europeos é unha cuestión totalmente aleatoria, suxeita a variables climáticas, ás dinámicas do litoral e cambiante dun día para outro.  Hoxe por hoxe, o número 20 é unha utopía, un obxectivo a acadar nun horizonte lonxano como deixa ver, nalgún momento, a redacción da propia normativa europea.
  3. Agradecemos a excelente colaboración da vicedirectora e o profesor de bioloxía acompañantes do alumnado e o soporte loxístico prestado polo concello de Camariñas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable: ASOC MAR DE FABULA.
  • Finalidad:  Moderar los comentarios.
  • Legitimación:  Por consentimiento del interesado.
  • Destinatarios y encargados de tratamiento:  No se ceden o comunican datos a terceros para prestar este servicio. El Titular ha contratado los servicios de alojamiento web a WP Nordés que actúa como encargado de tratamiento.
  • Derechos: Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional: Puede consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

¿Queres facerte socio?

Se eres unha persoa comprometida co medio ambiente e che gustaría aportar o teu gran de area por un mar máis limpo, non dubides en facerte socio de Mar de Fábula

Para donacións puntuales podes usar o noso número de conta mediante transferencia bancaria ao IBAN:

ES91 0049 7773 3028 1000 3297