Limpeza de fondos no Porto de Camelle

No día de onte, domingo, de 10.00 a 12.30 horas, levamos adiante en colaboración coa Cofradía de Pescadores de Camelle e a asociación cultura Naufraxios Galegos, a limpeza de fondos no porto, nas zonas do “Muelle Vello” e a Rampla coa actuación de 2 mergulladores e colaboración de veciños e veciñas e voluntariado que, de paso, apañaron todo o lixo plástico entre as rochas ao longo da escolleira, incluído o Museo de Man.

A turbidez das augas e a nubosidade do día dificultaron a realización dunha limpeza que, sendo importante, non foi exhaustiva como pretendíamos e que quedará pendente para unha nova ocasión.

O resultado da limpeza foi a seguinte :

  1. Do fondo do mar, dúas defensas, 1 maroma, unha nasa de ferro, un bicheiro e e un aparello grande de pesca cheo de anillas.
  2. Da escolleira, 7 sacos de 100 litros cheos/semicheos de lixo plástico misceláneo.

Agradecemos a participación de todas as persoas que participaron nesta limpeza.

NON É O NOSO LIXO, PERO SÍ É O NOSO PLANETA.

Comparte :
¿Queres facerte socio?

Se eres unha persoa comprometida co medio ambiente e che gustaría aportar o teu gran de area por un mar máis limpo, non dubides en facerte socio de Mar de Fábula

Para donacións puntuales podes usar o noso número de conta mediante transferencia bancaria ao IBAN:

ES91 0049 7773 3028 1000 3297