Venres, 19 de xaneiro. Limpeza na cala de Bens, A Coruña con REFIX e RetoqueRetro.
Probablemente sexa o areal maís contaminado da provincia. Sen rastro de pellets pero sí moita contaminación de residuos textís, como é habitual nesta esquecida caliña que tempo atrás, antes do actual estado de abandono e sacrificada polas administracións en favor do sector industrial da zona, tivo que ser ben fermosa.
Sábado, 20 de xaneiro. Limpeza con RetoqueRetro, Refix, NoiaLimpa e a Asociación Amicos de Boiro, na praia de Caveiro, Porto do Son.
Precioso lugar, como toda a ría de Muros e Noia. Máis de 40 persoas acudiron ao noso chamamento conxunto. A simple vista, a praia, non parecía moi contaminada, pero unha vez máis, aquí tedes o resultado:
- 14 cabichas
- 2 boquilla
- 4 chisqueiros
- 40 tapóns de botellas
- 5 botellas plástico
- 2 polbeiras plástico
- 52 bastonciños de algodón
- 2 xeringuillas
- 11 paos chupa chups
Isto é o máis destacado, a maiores, multitude de anacos de plástico duro e brando e ‘pouca’ cantidade de pellets.
Domingo, 21 de xaneiro, asistimos como firmantes no manifesto, á manifestación na DEFENSA DO MAR, en Santiago de Compostela.
A saúde do mar está nas nosas mans. Sentímolo polo mar, pero, así é. A seguir remando.